Para celebrar o día da Terra (22 de abril) realizamos unha saída ós MUIÑOS DE ACEA DE AMA no Burgo.
O historiador Carlos Pereiro estaba esperándonos e falounos sobre os muíños de marea , os aparellos utilizados e do seu funcionamento.
Despois cruzamos a estrada cara ao Paseo de Enrique Tierno Galván onde merendamos. Neste entorno do río Trabe, fixemos un percorrido por unha das ribeiras do río observando a flora e fauna que habita nel.
Ao chegar á escola falamos de todo o que vimos e aprendemos, entre outras cousas, que non hai que tirar o lixo o chan e que debemos coidar o medio no que vivimos. Agora hai que poñelo en práctica todos os dias do ano !