En primeiro lugar, recordamos un que xa fixemos o ano anterior. Vimos e recordamos que cando botamos colorante en auga queda tinguida da cor do colorante. E que se botamos dúas cores estas mestúranse.
Pero despois, prantexousenos outra pregunta, que pasará se botamos colorante no leite? Despois de pensar o que ía suceder puxemonos a facelo e descubrimos que as cores non se mesturan. E o profe Iván explicounos que isto sucede porque o leite ten graxa. Pero despois vimos que se lle botamos unhas gotas de lavavaixelas a graxa desaparece e as cores mestúranse.
Recibimos unha carta de Crabela onde nos pide que agora que xa coñecemos a que estamento pertence a persoa que está coidando a porta onde está o príncipe Arturo , temos que pasar a segunda proba.
A seguinte proba consiste en averiguar como derribar a un rival nun xogo elexido polo dragón. Na casa fixemos traballos relacionados ca proba e compartímolos cos compañeir@s.
O xoves 18 fomos á Escola da Choeira celebrar o Festival de Nadal.
Disfrutamos dun conto moi divertido de títeres, escoitamos as panxoliñas dos compañeiros das outras escolas e actuamos para eles. Para rematar a festa merendamos e xogamos todos xuntos.
O 5 de xaneiro chegaron os Reis Magos de Oriente. Repartiron moitos regalos por moitos sitios. Tamén deixaron dous paquetes na nosa escola. Era un CASTELO e PERSONAXES MEDIEVAIS!!! Son chulísimos e xa xogamos con eles. Moitas grazas aos Reis Magos, seguiremos a portarnos beeeen.