O DÍA 20 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NEN@S FACENDO XUNTO CO PROFE IVÁN UN MURAL CON UNHA ÁRBORE CHEA DE MANS E CON PALABRAS RELACIONADAS COS DEREITOS.
Cando nos visitou Crabela deixounos a súa primeira proba, que era averiguar como era un escudo e construir un. Pedimos axuda as nosas familias e recopilamos un montón de información. Despois de mirala toda e aprender un montón de cousas sobre escudos puxémonos a traballar por equipos. Quedounos xenial!!!
E xa recibimos tamén unha carta de Crabela onde nos explica a segunda proba na que debemos axudala. Témonos que poñer mans á obra!
O venres 14 celebramos o Magosto na escola da Choeira. Xogamos a un montón de cousas divertidas, cantamos e bailamos; e despois, para rematar a festa merendamos castañas asadas. Estaban deliciosas!
No mes de outubro recibimos unha visita por sorpresa: a princesa Crabela. Contounos que ao seu príncipe atrapouno un malvado dragón. Para chegar xunto del ten que superar varias probas.
Pediunos que averiguaramos a que estamento pertence a persoa que coida a porta da prisión onde está o príncipe.