Skip to Content

Novas

EXPOSICIÓN DE CABAZAS 2018

Do 29 ao 31 de outubro tivemos unha exposición de cabazas nas escolas do CRA Amencer. O mércores 31 levámolas a Praza de Abastos de Ribadavia para colaborar coa organización da Noite Meiga  e estarán ata o domingo 4 de novembro.

Nas seguintes fotos podedes ver as cabazas que trouxeron os nos@s alumn@s.

                                          ESCOLA DE FRANCELOS

                                                   ESCOLA DE SAN CRISTOVO

                                                       ESCOLA DE SAN PAIO

                                   EXPOSICIÓN NA PRAZA DE ABASTOS DE RIBADAVIA

VISITA Á VIÑA COSTEIRA

O mércores 24 de outubro fixemos unha visita a adega VIÑA COSTEIRA. Fixemos un percorrido polas instalacións da adega coñecendo os procesos de elaboración dos seus viños e licores. Tamén nos proxectaron un documental sobre a vendima e ata tivemos unha cata de mosto. E para rematar tamén nos deron unha actividade para colorear.

Foi unha mañá diferente na que o pasamos moi ben e dende aquí dar as grazas a todo o persoal da adega.

 

SAMAÍN 2018

Dende o equipo de biblioteca fixemos unha selección de contos terroríficos para celebrar o Samaín.

Durante a semana do Samaín, a mestra Raquel estivo traballando o conto de CARABUÑAS co alumnado de infantil das tres escolas.

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro, DÍA DAS BIBLIOTECAS, tivemos un contacontos moi especial no colexio.  O mestre Álvaro de música contounos o conto do PAPÓN.

 

BENVID@S AO NOVO CURSO 2018-19

BENVID@S AO NOVO CURSO 2018-19

Alumnado e mestres na escola de San Paio

Alumnado e mestras na escola de San Cristovo

Alumnado e mestras na escola de Francelos

COMO PESCAS TI O GALEGO?

Os reporteiros do CRA AMENCER entrevistaron ás súas familias

FESTA FIN DE CURSO 2017/18

O xoves 21 de xuño celebramos a festa de fin de curso na escola de San Paio. Xuntámonos as tres escolas para celebrar a graduación d@s alumn@s de 2º de primaria, a entrega dos diplomas de lectura (Ranopla) a tod@s @s alumn@s de primaria, a exposición dos cadros feitos pol@s nen@s que asisten a clase extraescolar de pintura con Rocío e a entrega dun agasallo a Modesto, que nos fixo de guía no percorrido polos ríos da comarca.

A ANPA encargouse de organizar os hinchables para @s nen@s e do xantar.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2018-19

 
 

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2018-19

No DOG do día 21 de maio de 2018 publícase a Orde do 9 de maio de 2018, pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

Enlace ao DOG

Enlace a solicitude

Enlace ao manual de usuario

Enlace á aplicación

REMATA O PRAZO O 22 DE XUÑO DE 2018

 

CONVIVENCIA CO CEIP CARMEN GARCÍA CARRASCO DE CENLLE

O mércores 16 de maio celebramos unha convivencia co CEIP Carmen García Carrasco de Cenlle para celebrar a festa das Letras Galegas.

Primeiro fixéronnos unha benvida @s alumn@s de 6º de primaria e despois tivemos un obradoiro de debuxos con Pepe Carreiro, ilustrador dos Bolechas. Tamén lles deixou un mural precioso no cole.

Despois participaron todos mesturados nunha ximcana de xogos variados que estaban relacionados con aspectos da vida e a obra de María Victoria Moreno.

E para rematar, tamén nos invitaron a xantar con eles.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut