Dentro da campaña de animación á lectura, o xoves 20 de decembro tivemos ao Mago Martin, que nos veu a contar "As aventuras de Marco Polo".
¡Marco Polo foi un auténtico viaxeiro de bigotes! Na súa época non había coches, trens nin avións e viaxar significaba afrontar mil perigos? ¡Pero tamén facer descubrimentos e vivir experiencias marabillosas! Este é o relato da viaxe que levou a Marco Polo de Venecia á China, á corte dos Señores de Oriente.Da man de Geronimo Stilton percorreredes as etapas desta aventura rumbo ao descubrimento de paisaxes encantados, personaxes misteriosos e animais lexendarios.
Esta actividade fixémola na Sala Infantil da Biblioteca Pública de Ribadavia grazas a Tere.