2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

O 2 de abril ás 12:00 h a Biblioteca de Ribadavia celebrará o Dia do Libro Infantil e Xuvenil con esta estupenda actividade, teatro infantil para toda a familia, A galiña azul de Carlos Casares, que como sabedes é o homenaxeado este ano o Dia das Letras Galegas. Ao finalizar o teatro, cada familia recibirá de agasallo o libro da obra.

Ademais tamén inauguran unha exposición titulada Contos musicados, aunando dúas disciplinas moi importantes na ensinanza e na cultura, as letras e a musica, que neste caso, enlázanse. Espero que vos goste e dar así a coñecer a ampla colección de libros con CD de música que tedes a vosa disposición na Biblioteca de Ribadavia.