20-24 DE MARZO: III SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA

Este ano a Deputación de Ourense organizou a terceira edición da "Semana Escolar da Árbore e da Auga" para conmemorar os Días Mundiais da Árbore e da Auga que teñen lugar os días 21 e 22 de marzo, unha iniciativa na que participa o noso centro. Con esta finalidade a Deputación editou o libro-manual O amor eterno de Rozabales, dirixido a estudantes de Primaria, do que é autor Xosé Antonio Perozo.

Esta actividade pretende "divulgar entre os máis novos, a importancia de preservar o noso medio ambiente, así como fomentar a concienciación medioambiental".

O libro-manual que a Deputación de Ourense editou nesta edición é O amor eterno de Rozabales que, a través dunha historia de ficción que se desenvolve na contorna do Souto de Rozabales co castiñeiro como árbore protagonista, pretende chamar a atención e ensinar aspectos relacionados con esta especie, os seus valores, utilidades e produtos. Así mesmo, as augas termais son outros dos aspectos que forman parte da lenda creada para que o alumnado goce e aprenda ao mesmo tempo.

Ademais o mércores, 29 de marzo, saimos a plantar castiñeiros, pincha na imaxe para ver toda a reportaxe

 

Ademais os alumnos da Escola de San Paio, tamén fixeron os seus traballiños para conmemorar estes días tan importantes. Pinchade na imaxe para ver todo o  que fixeron.