Skip to Content

CAMPO A TRAVÉS -19 xaneiro 2017-

O alumnado do CRA Amencer participou na final comarcal do Ribeiro de campo a través, unha das probas de atletismo máis divertidas. Achegámonos ata o campo de fútbol de O Xestal, con dous equipos de Benxamín mixto.

A proba consistiu en dúas voltas ó campo de fútbol para esta categoría; mantendo postos de clasificación para o provincial de febreiro na maior parte da carreira.

Finalmente, destácase o bo facer dos dous equipos benxamín, e felicitamos a Olaya polo fantástico 5º posto que a clasificou para o provincial.

 

 

Tod@s somos un equipo!



book | by Dr. Radut