slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8

PRAZOS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2017-2018

As indicacións para poder solicitar a matrícula no centro para o vindeiro curso 2017/18 poderán consultarse no ficheiro adxunto.

CANADÁ

A profesora María José López Paz, titora de 3º de Primaria, tivo a oportunidade de participar nun programa PIALE, en Canadá durante un mes. Á volta contounos a súa marabillosa experiencia.

Acceso ao enlace para ver a presentación:

GLORIA MOSQUERA NO NOSO COLE

Á compoñente do grupo Mamá Cabra, Gloria Mosquera, acompañounos o 15 de decembro. Con ela cantamos cancións moi divertidas.

 

VAIANA: OS DE PRIMARIA IMOS DE CINE

O CPI PLURILINGÜE VIRXE DO MONTE, de estreno! Os nenos/as de primaria tivemos a oportunidade de ser dos primeiros en ver a película de Disney VAIANA. Foi o 7 de decembro.

 

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE MÚSICA E BAILES

O 25 de Novembro, organizado pola ANPA, os nenos/as tiveron oportunidade de participar nun obradoiro de música e baile.

Para ver as fotos ir a GALERÍAS.

3º CICLO: VISITA A SANTIAGO

     O 24 de novembro, os nenos e nenas do 3º Ciclo, visitamos a cidade de Santiago de Compostela. Tivemos oportunidade de ver o Museo do Pobo Galego e o Museo de Historia Natural.

As fotos da nosa visita están na Galería

    

 

 

 

VISITA Á FUNDACIÓN TIC DOS ALUMNOS DE 1º ESO

Estas visitas teñen por obxectivo abrir as portas da TIC á sociedade e achegar o uso das novas tecnoloxías ós máis novos dun xeito lúdico. Os destinatarios son nenos e mozos que, deste xeito, poden coñecer o traballo que desenvolve a TIC así como os ciclos de Realización e Produción que imparte a Escola de Imaxe e Son (EIS), o único centro da provincia con ensinanzas superiores da rama audiovisual.

 

 

Para acceder á Galería de fotos, premer aquí.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer