1º de ESO en Lugo
Actividades extraescolares en Lugo. 1º de ESO
O mércores 25 de outubro de 2017, o alumnado de 1º de ESO visitou a exposición Siro: Retrospectiva 1970-2017 no Museo Provincial de Lugo. As caricaturas, retratos, ilustracións humorísticas, paisaxes e estudos de figura humana do artista ferrolán Siro López Lorenzo foron un amplo repertorio de posibilidades de expresión gráfica e plástica para os rapaces, que tomaron, en moitos casos un primeiro contacto cun museo de arte.
Outra actividade desenvolvida na mesma mañá foi a visita aá produtora da Fundación TIC, onde coñeceron os procesos de elaboración de programas e reportaxes audiovisuais no lugar onde fanse realidade: platós, salas de realización e son, de redacción, etc. E, para rematar a experiencia, o grupo foi protagonista do Ticodiario, unha mostra de informativo televisivo no que adoptaron os papeis de presentadores, reporteiros ou enquisados.
A intensa mañá rematou cun recreo polo centro comercial próximo á produtora, onde os rapaces exerceron como consumidores responsables que son, non gastando máis do prudente.
MAGOSTO INFANTIL E PRIMARIA 2017
O 11 de outubro os nenos/as de infantil e primaria celebramos o Magosto.
CONVOCATORIA REUNIÓN NAIS/PAIS PRIMARIA
O mércores, 4 de outubro de 2017, ás 16:00 están convocados na aula de usos múltiples do CPI Plurilingüe Virxe do Monte os nais/pais de nenas/nenos de primaria coa directora e co titor/a sobre o comezo do novo curso escolar.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- …
- seguinte ›
- última »