slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8

GUÍA DE CONSEJO NUTRICIONAL PARA PADRES Y FAMILIARES DE ESCOLARES

A alimentación saudable na etapa escolar dos nenos, convértese na base onde empezan a asentarse os hábitos alimentarios que permanecerán na idade adulta e o protexerán de futuras enfermidades. A seguinte publicación pretende promover entre os educadores unhas pautas sinxelas e concretas en alimentación e nutrición.

Para acceder a dito documento prema na imaxe.

 

ESCOLA DE NAIS-PAIS NO DECRETO DE CONVIVENCIA

No DECRETO 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, aparecen mencionadas as escolas de nais-pais dentro da sección que recolle as "actuacións, programas e medidas para a mellora da convivencia nos centros".

Trátase do artigo 27, que reproducimos a continuación:


Artigo 27. Escola de nais e pais

 

1. Cando así se determine no plan de convivencia de cada centro e cos requisitos que se establezan naquel documento, poderán crearse as escolas de nais e pais para propor iniciativas tendentes a previr e resolver conflitos de convivencia, mellorar a convivencia e fomentar o respecto mutuo e a tolerancia no centro educativo. As referidas propostas serán elevadas ao consello escolar de cada centro e serán recollidas na memoria anual da comisión de convivencia.

 

2. As nais e pais ou titoras e titores asumirán, entre outros, os seguintes compromisos referidos á convivencia nos centros educativos:

 

a) Contribuír ao crecemento persoal dos seus fillos ou das súas fillas a través do diálogo e da educación en valores, e desenvolver unhas adecuadas normas de convivencia no contorno familiar.

 

b) Desenvolver a súa potencialidade como educadores e educadoras dos seus fillos ou das súas fillas.

 

c) Recoñecer o seu papel como axentes educativos, xunto co profesorado, actuando como portadores e portadoras de aspectos significativos para o desenvolvemento integral dos seus fillos ou fillas.

 

d) Mellorar as condicións afectivas, sociais e escolares que faciliten a aprendizaxe aos seus fillos ou ás súas fillas e un desenvolvemento harmónico da súa personalidade.

 

 

ESCUELA DE PADRES INTEF

A páxina web do  "Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado" conta cunha sección dedicada a "Escuela de Padres". Nela trata diversos temas que poden resultar interesantes: repercusión do ambiente familiar ou o entorno no rendemento escolar do neno, como abordar as dificultades que presenten os nenos, ...

FLASH MOVIE

Os nenos de secundaria colaboraron na realización dunha flash movie. Podedes ver as fotos no seguinte enlace:

FLASH MOVIE

VISITA AO CASTRO DE VILADONGA

Os alumnos de 3º e 4º de primaria realizaron unha visita ao Castro de Viladonga. Pasárono moi ben como podedes ver.

 

 

NOTA : SUSPENSIÓN TRANSPORTE ESCOLAR saída do día 22 e entrada do día 23 de marzo

 AEMT- ALERTA amarela e laranxa por NEVADAS ,para os días 22 e 23 de marzo.

 Máis información en www.edu.xunta.es

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

02/03/2017 12:57
Atlantic/Bermuda

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2017

Para atopar toda a información preme no adxunto

ENTROIDO EN COSPEITO!! INVITACIÓN

Chegou o entroido!


AVISO:

O día 24 de febreiro celebraremos o Entroido a partir das 10:30 h.

As familias dos/as alumnos/as interesados en asisitir poden facelo pero respectando as normas do Centro para así evitar alteracións (choros, descontrol por parte dos nenos máis pequenos…). Para iso pregamos que se coloquen ás 10:20 h. NA PISTA EXTERIOR para ver o desfile na zona indicada para as familias e deixen ao alumnado a cargo dos profesores, titores…

Duración aproximada do desfile 1 hora.

NOTA: Rogamos non entrar nas AULAS nin no XIMNASIO.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer