Skip to Content

SEMANA DA FROITA

 

Esta semana temos reparto de froita de balde no tempo de lecer. 

 

LUNS            FRESAS DE TEMPADA

MARTES        LARANXA DE VALENCIA

MÉRCORES    MAZÁ DE LLEIDA

XOVES          PERAS DO BIERZO

VENRES         PLÁTANO DE CANARIAS

 

A actuación corresponde ó plan de alimentación saúdable do centro ALIMENTATE BEN, e conta coa subvención do FOGGA da consellería de medio rural da xunta de Galicia.

Agradecemento de Cáritas

Como xa sabedes, o pasado Nadal levamos a cabo unha campaña de recollida de alimentos e produtos de hixiene que ao final repartimos metade e metade entre a cociña económica de Ferrol e Cáritas interparroquial de San Sadurniño. Chéganos agora o agradecemento expreso desta última organización que vén a reforzar unha vez máis a intensa labor que neste senso se está a desenvolver no colexio, coas profesoras de relixión Manoli e Mar, como claras "culpables".

Parabéns para todos; non será máis que un graniño de area pero non sobran accións solidarias deste tipo.

O CPI DE SAN SADURNIÑO ACADOU O PREMIO O EMPRENDEMENTO NO CONCURSO DE ROBOTICA FIRST LEGO LEAGUE

Nunha intensa xornada que comezou ás 9 da mañá e rematou ás 14:30 horas, o alumnado do obradoiro de robótica do CPI de San Sadurniño, acompañados polas profesoras responsables do proxecto, participou no concurso FIRST LEGO LEAGUE que se tivo lugar no campus de Esteiro da cidade departamental. 

O froito do intenso traballo realizado neste último mes polo alumnado e profesorado do centro veuse recompensado polo PREMIO Ó EMPRENDEMENTO recibido no día de hoxe. 

Noraboa a todos polo seu traballo.

alumnoscompeticion

 

Dous alumnos se preparan para comezar a competición

O equipo trata de resolver pequenos problemas entre pase e pase do concurso

Un alumno e unha alumna antes de comezar o segundo pase da competición

 A prensa local tamén se fixo eco do acontecemento:

www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/first-lego-league-convirtio-campus-escaparate-talento-tecnologico/20150228213338116425.html

 

 

Visita de Andrea Maceiras o vindeiro martes

A escritora Andrea Maceiras visítanos o próximo martes como sabedes. No arquivo adxunto atoparás unha presentación que elaboramos co gallo da súa visita.

 

Visita de Helena Villar Janeiro o vindeiro xoves

A escritora Helena Villar Janeiro visítanos o próximo xoves. No arquivo adxunto atoparás unha presentación que elaboramos co gallo da súa visita.

 

O CPI SAN SADURNIÑO PARTICIPA MAÑÁ SÁBADO NO CONCURSO DE ROBÓTICA FIRST LEGO LEAGUE

Mañá sábado 28 de febreiro 10 alumnos de primaria e secundaria do CPI de San Sadurniño participarán no concurso de robótica FIRST LEGO LEAGUE que se celebrará en xornada de mañá no campus de esteiro en Ferrol. O alumnado participante ven participando no centro no programa de excelencia que se enmarca dentro da convocatoria de CONTRATOS PROGRAMA da Conselleria de Educación. 

Desexámoslles moita sorte. 

 

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 15-16: LISTAXE DE ALUMNADO ADMITIDO

Tedes o listaxe de alumnado admitido no arquivo adxunto.

 

Día de Rosalía

O día 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía. Nós unímonos a esta celebración cunha selección de poemas de Rosalía relacionados coa meteoroloxía que titulamos "De ventos e alboradas" e que podedes atopar no blogue da biblioteca. Agardamos que sexa do voso agrado.

 

Saída ó Concerto didáctico "El lago de los cisnes" e "Exposición de Pablo Picasso" na Coruña

27/02/2015 09:30
27/02/2015 14:50
Atlantic/Bermuda

Os alumnos de 2º e 4º de ESO visitarán a exposición de Pablo Picasso no Museo de bellas artes da Coruña e irán ó Concerto didáctico "El lago de los cisnes" no Palacio da Ópera da Coruña.

CIRCULAR 7

No arquivo adxunto podedes visualizar o contido da circular informativa que tamén foi enviada por tokapp.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut