Skip to Content

PREMIO PARA OS GAÑADORES DA CAMPAÑA DE RECICLAXE NA ESO

Neste 2º ano de campaña de reciclaxe no centro, dentro do programa de Sustentabilidade e Paisaxe da Xunta de Galicia, o gañador absoluto na ESO foi a clase de 1ºB polo seu volume de recollida, a súa participación no blog "etisustentas" e a súas respostas nos retos de investigación propostos. En segunda posición quedou a clase de 1ºA. Polo tanto hora era xa de que recibiran o premio correspondente a tan edificante labor.

Por iso vivimos hoxe con eles unha xornada lúdico-festiva na que percorremos os montes de Narahío por preciosos roteiros que nos fixeron gozar da fermosa paisaxe que rodea ao famoso Castelo, e nos levaron á área recreativa da Cobeluda, onde, cansos de andar baixo un sol de xustiza, se puideron refrescar na súa piscina natural, para rematar repoñendo forzas cunha churrascada onde se "puxeron as botas".

Vivimos unha bonita xornada de convivencia nun entorno precioso que reforza a nosa convicción de coidar o medio ambiente traballando ano tras ano en campañas como estas...parabéns a todos os participantes nela, son só aos gañadores.

Aquí vemos ao grupo empezando a xornada

 

 

 

En pouco tempo chegamos ás inmediacións do Castelo, onde puidemos inmortalizar o momento nunha fermosa fotografía

 

 

A ruta endurecíase por momentos, sobre todo a baixada á central hidroeléctrica...

Pero finalmente chegamos, algo cansos pero contentos á zona recreativa.

Había que inmortalizar o momento coa FOTO OFICIAL dos gañadores da campaña. Aquí a tedes

RESOLTOS OS PREMIOS DE FOTOGRAFÍA DO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O xurado do concurso de fotografía dado a escasa participación, motivada pola cantidade de actividades que realizaron os alumnos neste final de curso, decide deixar o primeiro premio deserto e conceder o 2º Premio a alumna Soraya Castro Lago de 4º  ESO por esta imaxe

 

 

E conceder dous terceiros premios as alumnas Paula Padín Fernández de 1ºB ESO e Cristina Piñeiro Pita de 2º B ESO por estas achegas:

 

cristina

Parabéns a todas elas pola orixinalidade e beleza das fotografías presentadas

COMEDOR ESCOLAR: ENTREGA IMPRESOS DE AUTODECLARACIÓN E APERTURA PRAZO COLABORADOR@S PARA O VINDEIRO CURSO

Seguindo instruccións da Consellería de Educación, os adultos que exerzan a patria potestade, a tutela ou o acollemento familiar dos alumnos autodeclararán as circunstancias de carácter persoal e de renda neta per cápita familiar correspondente ao exercicio fiscal 2014, anterior ao ano actual, e, conseguintemente, determinarán a contía do prezo público que lles corresponde abonar, de acordo cos tramos que aparecen no documento.

O documento de autodeclaración deberán entregalo cuberto en todos os seus apartados e debidamente asinado na secretaría do centro:

SECUNDARIA : NO MOMENTO DE FORMALIZAR A MATRÍCULA.

INFANTIL E PRIMARIA: DO 6 Ó 10 DE XULLO

O documento será enviado ás familias a vindeira semana.

ANUNCIÁMOSLLES tamén a apertura do prazo para COLABORADORES de comedor para o vindeiro curso. (VER ARQUIVO ADXUNTO)

Estamos animados...

Unha sinxela animación 2D clásica feita polo alumnado de 1º da ESO empregando o programa Tupi

 

EXPOSICIÓN MODELOS ATÓMICOS

Dentro das actividades voluntarias do terceiro parcial na materia de Física e Química de 3ºESO, estaba a creación dun modelo atómico que axudase a entender omo estaba disposto o interior do átomo, esas pezas básicas na construcción do Universo.

A mirade por onde apareceron uns cantos traballos que merecen unha pequena exposición dentro do centro e unha reseña nesta web, porque partiron da voluntariedade e implicaron bastantes horas de elaboración.

Parabéns para todos eles. Nos arquivos que se xuntan podedes velos máis de cerca.

EXPOSICIÓN MODELOS ATÓMICOS

PROXECTO LOVA EN SECUNDARIA

O pasado martes os rapaces e rapazas de 3ºESO estrearon diante de centos de alumnos de outros centros educativos as obras que crearon dentro do proxecto LOVA. O pazo da cultura de Narón foi o escenario elixido para tal evento.

Hoxe repetiron pase para os seus compañeiros de ESO do colexio na casa da Cultura de San Sadurniño e o resultado foi o mesmo: éxito total.

3ºB presentou unha obra sobre o importante que é a tolerancia e o respecto aos demais como ingrediente para convivir. Foi un traballo de diálogos máis enxebres e cómicos, onde os protagonistas fixéronnos rir un anaco bo...

3ºA baseou a súa obra no poder da amizade, sobre todo esa amizade que nace na infancia e que sobrevive aos envites da vida e aparece de novo, forte e recoñecible, nalgún momento das nosas existencias. Foi un traballo moi sólido en todos os aspectos, tanto organizativos como artísticos, cunhas interpretacións tan convincentes que nos somerxeron totalmente na historia e ata nos permitiron asombrarnos con algunha actuación musical.

A toda esta xeración única: GRAZAS.

O domingo repetirán pase para o publico en xeral na mesma casa da Cultura de San Sadurniño, e seguro que co mesmo éxito.

O mellor premio para eles,  aparte do aplauso e os piropos que están a recibir, seguro que  é comprobar que nunha historia que naceu hai meses e na que houbo momentos duros, saíron a flote e demostraron que funcionan como grupo e que todos, en maior ou menor medida, creceron como persoas, que ao fin e ao cabo é o obxectivo número 1 deste proxecto. Esbozaron unha idea vaga do que querían, foron dándolle forma pouco a pouco, probaron o sabor agre do desalento, da desesperación, do caos...albergaron algunha esperanza segundo ían saíndo os temas musicais e os diálogos, sentiron a ilusión de ver que o asunto empezaba a cobrar vida, de avanzar todos nunha dirección e finalmente gozaron do éxito de ver como esa criatura á que eles deron vida conectaba coa xente, dándolle un sentido a tanto esforzo.

Desde o colexio queremos agradecer tamén a dedicación de Clara, a profesora de música, alma mater deste proxecto, que recibiu tamén a inestimable colaboración de Manolo, profesor de plástica, Daniel, de música, Pilar de LCL e Charo de LGL. Todos eles foron quen que conducir e reconducir a este excepcional grupo de alumnos do colexio. E tamén a Juanjo, o noso conserxe, sempre disposto,  e do que sempre abusamos para todo...

 

En definitiva GRAZAS DE PARTE DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CPI DE SAN SADURNIÑO POR FACERNOS PASAR UN RATO TAN DIVERTIDO E EMOCIONANTE.

PROXECTO LOVA EN SECUNDARIA

Carreira Popular II 31/05/2015 San Sadurniño

Aquí están as fotos da carreira do domingo. Felicidades aos participantes.

PROXECTOS NA CLASE DE TECNOLOXÍA 2015

Co obxectivo de achegar a tecnoloxía ao alumnado, mirade o que fixeron relacionado con estruturas resistentes

 

na seguinte foto tedes un pequeno resumo

e no seguinte enlace a youtube, un vídeo que o demostra

https://www.youtube.com/watch?v=udyNYaCYvco&feature=youtu.be

O segundo reto foi deseñar e construir un coche eléctrico con reductora de velocidade, con dúas luces e construíndo un inversor de xiro do motor nun mando.

En detalle sería o seguinte

 

Así lle quedaou aos de 2ºA

 

E así aos de 2ºB

 

 

Seguindo con proxecto levados a cabo na clase de tecnoloxía aquí tedes un vídeo realizado polas alumnas de 4ºESO Nerea Calvo e Lucía Rodríguez, sobre o proxecto de de coche eléctrico realizado polo alumnado de 2ºESO

https://www.youtube.com/watch?v=iqP7uPBL2OU&feature=youtu.be

 

e xa para rematar un panel explicativo sobre un terceiro proxecto tecnolóxico sobre o xogo conecta pregunta-resposta

 

 

E xa por último unha ollada ao video que fixeron expoñendo o seu proxecto técnico

Aquí o de 2ºA

https://www.youtube.com/watch?v=88VBvut36l4&feature=youtu.be

E aquí o de 2ºB

https://www.youtube.com/watch?v=cCEWEW9s0WM&feature=youtu.be

os nosos parabéns a todos os partipantes na actividade

 

CAMBIO DE XORNADA O VINDEIRO LUNS

O vindeiro luns 1 de xuño cambiamos á xornada reducida co cal NON HABERÁ CLASES pola tarde. 

 

 

PRESENTACIÓN DA CARREIRA POPULAR CONCELLO DE SAN SADURNIÑO

Na seguinte  ligazón tedes toda a información da presentación da II Carreira Popular Concello de San Sadurniño

 http://www.sansadurnino.es/SanSadurnino/novidades/datosNovidadeHistorico.jsp?tipoBusc=&concelleriaBusc=&idAxenda=&idAviso=&idNovidade=1156

 

Distribuir contido


by Dr. Radut