Skip to Content

As abellas invaden o centro...

Recital do Día da Paz

As poesías lidas o Día da Paz polos alumnos do centro.

GAÑADORA DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIENTÍFICA

Xa temos gañadora do concurso de fotografía científica convocado pola biblioteca escolar: trátase de Irene Beceiro, de 3ºA ESO, coa sua achega titulada "Lique nunha árbore", unha fermosa composición de luz e texturas onde o enfoque cobra vida e consegue transmitir unha sensación de pureza... 

Para ela son os 30 euros a descontar en actividades extraescolares do centro

Os nosos parabéns

 

GAÑADORA DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIENTÍFICA

OS MANDADOS DO MECO 2015

A vindeira semana recibiremos a visita do Meco Paquito, un personaxe entrañable do Entroido e do colexio, que é un pouco mandón e que nos irá mandando cada día traer unha cousa.

Nesta entrada iredes vendo o que tedes que traer o día seguinte.

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ

E OS MANDADOS DO MECO TÉS QUE SEGUIR:

O LUNS PAQUITO ESTÁ MIMOSO,

QUERE UN PELUCHE FERMOSO

OU UN COXÍN BEN CANTOSO.

 

O MARTES TOCA MADRUGAR,

RELOXO GRANDE TRAERÁS

DE CARTOLINA, CARTÓN OU PAPEL TI O DESEÑARÁS

E NA ESCOLA O TIC-TAC ESCOITARÁS.

 

O MÉRCORES MOITO FRÍO VIRÁ

E SE NON QUERES CONXELAR

UNHA BATA TRAERÁS.

 

O XOVES SOPRA O VENTO DO NORDÉS

ZAPATILLAS DE CASA DO DEREITO E DO REVÉS

PARA NON COLLER FRÍO POLOS PÉS.

 

O VENRES PARA REMATAR A SEMANA

TRAE TODO O ANTERIOR

E NOS ESQUEZAS CAMISÓN OU PIXAMA

E AS COUSAS PARA IR PARA A CAMA:

BEN DESPELUXADO OU CON RULOS NA CABEZA,

PODES TRAER UN GORRIÑO PARA DURMIR

BEN TAPADIÑO E BEN QUENTIÑO.

 

SE UN DURMIÑÓN QUERES SER

TODO ISTO TES QUE TRAER!!!!

 

E para que comprobedes que cumprimos cos mandados do Meco Paquito, podedes ver o desfile que fixemos os alumnos e alumnas de infantil e primaria.

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ 2015

O venres 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Os alumnos e alumnas de infantil e primaria escribimos unha palabra que nos recordara o que traballamos durante a semana.

Neste vídeo podedes ver as nosas PALABRAS POLA PAZ.

 

Tamén bailamos todos o xuntos a canción "Seguiremos" de Macaco que nos ensinaron os noos profes.

Premendo neste enlace, podedes ver o noso baile.

 

 

 

CONCURSO LARPEIRADAS DE ENTROIDO

 

 

 

II CONCURSO DE POSTRES TÍPICOS DE ENTROIDO

 

BASES DO CONCURSO ( tamén en pdf no arquivo adxunto)

 

 

1.- O II Concurso de Postres terá lugar o próximo 13 de febreiro no CPI con

motivo da celebración do Entroido.

 

2.- É requisito imprescindible que sexan postres de Entroido.

 

3.- Poderán participar tódolos membros da comunidade educativa que así o desexen. A tal efecto, os interesados en participar deberán inscribirse como participantes, entregando a inscrición ós titores ou na secretaría do centro.

A data límite para inscribirse será o 11 de febreiro.

Como máximo admitiránse 2 postres por inscrición. De cada postre elaborado presentarase unha cantidade suficiente para que o xurado o valore.

Os postres presentaránse o 13 de febreiro no comedor de 9:30 a 11 horas.

Xunto co postre e nun sobre pechado irán os datos do participante e o seu teléfono, así como a receita do postre presentado.

Tódolos postres permanecerán expostos no comedor ata que se produza o fallo do xurado.

 

4.- O xurado estará composto por membros da comunidade educativa. O fallo do xurado daráse a coñecer o mesmo día 13.

Haberá premios para os postres gañadores.

 

-------------------------------------------------------------------------------------------------

INSCRICIÓN CONCURSO POSTRES DE ENTROIDO

( a entregar en Secretaría ou ós titores)

 

 

NOME: …………………………………………………………………………..

 

TELÉFONO: ……………………………………………………………………..

 

POSTRES: ………………………………………………………………………..

 

 

…………………………………………………………………………

Recital do Día da Paz

Hoxe celebramos o noso xa tradicional recital do Día da Paz, que este ano tivo que ser no centro e non na Casa de Cultura, como viña sendo habitual, por mor do mal tempo que nos impediu desprazarnos a esta. Alumnos dos catro cursos de ESO recitaron para os seus compañeiros poemas de Ángela Figuera Aymerich, Adonis, Blas de Otero, Anna Akhmátova, Celso Emilio Ferreiro, Miguel Hernández, José Agustín Goytisolo e Eugénio de Andrade. Leron tamén un anaquiño dun discurso de Martin Luther King e outro anaquiño do discurso final que pronuncia Charles Chaplin na película O gran ditador. No blogue da biblioteca podedes atopar diversas entradas sobre este conmemoración e enlaces de interese.

 

OUTRO ÉXITO NA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Un ao más, o CPI de San Sadurniño, coas profesoras de relixión Mar Gutiérrez e Manoli Filgueira ao fronte, levou unha campaña de recollida de alimentos e produtos de hixiene para os que máis o precisan, aqueles que nunhas datas tan significativas coma as do Nadal, non teñen a oportunidade de "repetir" prato...

Tanto Mar coma Manoli saben o importante que isto é para moitos e sempre conseguen que a xente se implique e colabore. O resultado: máis de 1000 kg de mercancía que repartimos a partes iguais entre a asociación "Cáritas" e a cociña económica de Ferrol .

No arquivo que se xunta temos o agradecemento expreso desta última institución. 

Non é para menos, nestas ocasións é onde se amosa o verdadeiro sentido do Nadal. Que cunda o exemplo

 

O CPI DE SAN SADURNIÑO FOI SELECCIONADO PARA DESENVOLVER CATRO LIÑAS DE CONTRATOS-PROGRAMA NESTE CURSO

No día de hoxe ven de saír a resolución provisional de contratos-programa na que o CPI de San Sadurniño desenvolverá catro liñas: Plan PROA, Mellora da convivencia (proxecto LOVA), Excelencia e mellora da calidade nos centros. 

FESTIVAL DE PANXOLIÑAS

O pasado venres 19 de decembro celebrabamos no patio cuberto o noso Festival de Panxoliñas, con pezas cantadas e temas instrumentais interpretados polo alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria.

Facendo clic nas seguintes imaxes poderedes ver as diferentes actuacións que se realizaron. A calidade de imaxe dos vídeos non é moi boa por mor da iluminación, aspecto que esperamos solventar en seguintes edicións.

                              

                    

                                

                   

Distribuir contido


by Dr. Radut