Eventos
Os alumnos de 1º e 3º de ESO terán no comedor do centro un Obradoiro de bocatas saudables.
Os alumnos de 4º da ESO asistirán na hora de titoría á Charla sobre novas tecnoloxías impartida pola Garda civil.
Os alumnos de 1º e 2º da ESO visitarán Lugo. No Museo provincial de Lugo os alumnos de 2º da ESO farán unha ruta literaria e os de 1º un percorrido pola Sección de Prehistoria e Arqueoloxïa. A continuación farán unha visita dos lugares máis destacados da cidade.
Os alumnos da ESO asistirán á proxeción do documental "Contra os elementos" e á charla impartida pola deportista Paula Mayobre que terá lugar na Casa de Cultura o día 7 de abril.
Os alumnos de 4º de ESO participarán nun Obradoiro de galego - portugués.
Máis información en http://paradaxxttsansa.blogspot.com.es/
Os alumnos de 2º de ESO asistirán á charla de Antonio Manuel Fraga sobre o libro "Tártarus".
Os alumnos de 4º de ESO terán unha Charla sobre drogas e alcol impartida pola Garda civil.
Haberá unha Charla sobre Novas tecnoloxías impartida pola Garda civil para as familias.
Algúns alumnos de 1º, 2º e 4º de ESO participarán no Concurso de Robótica na Fundación Barrié en Coruña.
Os alumnos de 2º de ESO asistirán ó Obradoiro de poesía impartido por Dores Tembrás.
Los alumnos de 3ºB asistirán al Taller afectivo sexual en la hora de tutoría.
Alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO participarán no concurso "Big Challenge".