Skip to Content

FIN DE CURSO 23-24

Chegou o fin de curso e con el as despedidas: profes que levan unha vida no CPI e se xubilan, profes que durante este curso nos acompañaron por primeira vez e pode que repitan o ano que vén, profes que levan anos e collen outro rumbo, profes que continúan...

As emocións afloraron con algunha que outra bágoa, apertas, aplausos, gritos e miradas entre profes e alumnado. Rapaces de 4° da ESO que tamén deixan lembrazas e marchan na procura dun camiño novo, rapaces de 6° que cambian de edificio e xa son maiores e por último os máis pequenos que deixan o patio de infantil para xogar no de primaria....
En fin, sentimentos encontrados, celebracións e xogos nos que disfrutamos neste fin de curso 2024.
 

 

Bo verán a tod@s e felices vacacións!!!
 
Premede na imaxe para ver algunha foto deste día. 


story | by Dr. Radut