Sabes por que case sempre ao final da clase facemos un xogo máis suave?
Facémolo para rematar a actividade de xeito máis tranquilo e relaxado, despois dunha hora de xogar, saltar, correr... o corpo actívase un montón, suamos, respiramos forte, o corazón vai rápido...
No ximnasio case sempre vos deixo un ratiño de xogo libre, estades ao voso aire e ao voso ritmo, así voltades ao colexio algo máis "pausados".
Que xogos ou actividades podemos facer para VOLTAR Á CALMA?
Hai un montón. Para nenos e nenas da vosa idade:
- Cantar unha canción.
- Escoitar un conto.
- Xogos con canción (como o de Antón Piruleiro por exemplo)
...
Ide pensando nalgún xogo de este tipo, que na próxima actividade teredes que empregalo e explicalo.
Un saúdo