Skip to Content

5. ESCALEIRA PSICOMOTRICIDADE

 

 

Lembrades que ás veces nos circuitos das clases colocaba unha escaleira amarela polo chan para facer exercicios moi rápidos cós pés?

Pois mirade... é moi sinxela de fabricar por nós mesmos!

 

 

Papel, tesoiras e celo.

 

Cortamos a parte interior de 3 ou 4 follas de xornal dobradas deixando os bordos. Desdobramos as follas e quedan unhas letras H grandes, enlazamos con un pouco de celo polas esquinas e... XA ESTÁ!!!!!

Despois de facer un pequeno quecemento xa podes empezar a traballar, hai un montón de formas para facelo: pata coxa, pés xuntos, saltos abrindo e pechando... Nun par de días poñerei unha taboa, pero de momento:  vai probando e inventando!



book | by Dr. Radut