Skip to Content

ACTIVIDADES 6º CURSO

https://www.youtube.com/watch?v=IbgOcXar9UA

https://www.youtube.com/watch?v=5BabXHRIZqU

 Ola a todos meus alumnos de 6º. ¿Qué tal o levades?. Agardo que vos atopedes ben tanto vosoutros como as vosas familias e ánimo que xa nos queda menos.

 Para que non vos esquezades da música, propóñovos que repasemos as tonalidades escoitando primeiro a explicación que tedes no primeiro enlace para logo facer solamente un par de escalas das que figuran na ficha que vos adxunto.

 No segundo enlace escoitaredes unha peza moi sinxela para tocar coa flauta pero non hai que tocar moito tempo senón pode ser unha tortura adicional para vosos pais nestes día de confinamento. Seguide atentos á esta páxina porque irei subindo algunha outra cousa máis divertida.

 Este é o meu correo por si tedes algunha dúbida

                                         pacosarria@yahoo.es

Saúdos e ánimo.

 

ABRIL 13-17

 Ola outra vez e conto que nos manteñamos todos sen novidades en canto á saúde me refiro. Deixovos hoxe  unha ficha para que vaiades facendo escalas menores e, a maiores, póñovos un enlace para que, nesta ocasión, practiquedes ritmos coas dúas mans (as da liña de arriba coa man dereita e as da liña de abaixo coa esquerda). Un saúdo.

https://www.youtube.com/watch?v=-9I-aMAK4v4

 

ABRIL 20-24

  Ola chic@s, hoxe estaredes contentos dado que xa sabedes que enseguida poderedes saír a dar unha voltiña. Mentras e non, a ver si vades facendo a ficha que vos deixo máis abaixo. Por si alguén non se lembra de cando a fixemos na clase, que é o máis probable, debedes subir ou baixar os tons ou semitóns que vos manda segundo sexa o sinal + ou - e poñer a nota que correspondería. Intentade tamén facer o ritmo que propón o rapaz do seguinte vídeo, aínda que solo sexa a primeira parte. Un saúdo.

https://www.youtube.com/watch?v=_BQJeW_o5jM

 

ABRIL 27-30

   Ola a todos. ¿ Qué tal as primeiras saídas despois de tanto tempo ?.

   Non teño noticias vosas, salvo algunha excepción, de como van os traballos de música. De todos os xeitos, para os que xa fixerades as escalas das semanas anteriores , hoxe propoño facer solamente a ESCALA DE FA# M (fa sostenido maior). Faise igual que todas as outras solamente que esta empeza polo fa# e ese sostenido no se pode quitar a esa nota cando fagamos a escala. No enlace de abaixo tedes outra clase de frauta para aprender a colocar o SI doutra maneira diferente a como o viñamos facendo (algún día falamos en clase desta 2ª posición do SI). Facede a escala na libreta de música e se alguén non ten, que faga un pentagrama nun folio. Saúdos.

https://www.youtube.com/watch?v=olyc7deBHaY

 

   MAIO 4-8

   Ola outra vez.

   Nestes últimos días de confinamento case total, houbo moito tempo para pensar e, de súpeto, decateime que os meus alumnos de 6º non querían saber nada de mín posto que agás nun só caso, ninguen se comunicaba conmigo. Que pena me deu!, pero bueno, o caso e ter saúde non sí?.

   Este ano 2020 cúmprense 250 anos do nacemento dun grandísimo compositor : BEETHOVEN. En moitos lugares están a celebrar actos de conmemoración deste aniversario e por iso propoño que vos informedes un pouco sobre este personaxe. Deixovos un enlace a un artigo de prensa para que o leades  e tamén a un vídeo moi curioso. Estaría moi ben que ademais escoitarades algunha composición, por exemplo a 9º sinfonía e a ver se recoñecedes algún fragmento.

   Xa me contaredes......espero.

  Un saúdo.

 

https://vanguardia.com.mx/articulo/2020-el-ano-de-beethoven-la-novena-un...

https://www.youtube.com/watch?v=X8EDmXJT9QQ

 

MAIO 18-22

 

 Ola chicos, antes de nada, disculpas polo retraso pero ata este momento, que me preguntou Yani se non subira nada á páxina, non me decatei de que , efectivamente, non figuraba tarefa ningunha para esta semana, cando en realidade xa as puxera o luns. Supoño que me esquecín de darlle a gardar pero bueno, un fallo teno calqueira, ou non?.

   Deixo dúas fichas e, nunha delas fala do calderón e non estou seguro de que faláramos del na clase pero ten unha explicación moi sinxela na propia ficha e vades a entendela perfectamente. Tamén poño un enlace para practicar ritmos. Se alguén o ten a ben, pódeme enviar un vídeo coa execución do ritmo cando o teña ben ensaiado. Animádevos.

 

Saúdos.

https://www.youtube.com/watch?v=-JAfLhrlNck

 

MAIO 25-29

 

  Ola, benvidos outra vez a este rincón da páxina do cole. Nesta última semana poucas noticias tiven de  vós. Non saen os ritmos ou qué?.

   Subo outra ficha e deixamos os ritmos e imos ver si apreciamos o que se pode facer con ese instrumentos que todos temos que é a voz. Deixo tres enlaces para escoitar distintas versións dunha mesma peza. No último deles escoiataremos a versión orixinal.

 

   Saúdos.

https://www.youtube.com/watch?v=gdVjVtpr55M

https://www.youtube.com/watch?v=KXJNLb71VH4

https://www.youtube.com/watch?v=NAEppFUWLfc

 

 

   XUÑO

 

   BO VERÁN PARA TOD@OS!!!

AdjuntoTamaño
Escalas Maiores.pdf222.13 KB
Escalas Menores.pdf215.75 KB
Intervalos 6º.pdf ABRIL 20-2445.36 KB
Ligadura, punt.,cald..pdf26.37 KB
lig. punt. 2.pdf24.26 KB
lig.punt_. 3.pdf29.35 KB


book | by Dr. Radut