O mundo necesita ciencia, e a ciencia necesita mulleres e nenas. A día de hoxe, só o 30% dos investigadores en todo o mundo son mulleres, e só o 35% de todos os estudantes matriculados nos campos de ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas (STEM) son mulleres. O 11 de febreiro, celebramos o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, unha gran ocasión para romper estereotipos, desafiar os prexuizos de xénero e derrotar a discriminación nos campos de STEM.
O pasado venres, estivo con nós GEMMA ROJO LÓPEZ, enxeñeira de Camiños, que nos falou da súa traxectoria académica dende a aldea de Currelos (O Saviñao), ata a Escola de Enxeñaría de Camiños na Coruña, onde desenvolve a súa labor investigadora.