Skip to Content

Cursos anteriores, Curso 2017/2018

Visitas e actividades do máis variado

Creamos unha única entrada na que colgar as diferentes actividades que imos facendo ó longo deste novo curso académico. A pesar de centrarnos no 2008-2009, a primeira referencia vai ser do curso anterior.

1. Entrevista no Piornedo.

O curso pasado dous profesores entrevistamos a Isolda e Fuco, dous impulsores do Piornedo coa súa casa-museo. Aquí imos colgar boa parte desta conversa, chea de puntos de moito interese. Aconsellámosvos que a escoitedes.

2. Visita a explotacións alternativas de Navia.

No curso pasado o profesor de Ciencias, Fernando, organizou diferentes actividades co lema 'vivir nos Ancares é posible, economicamente falando'. A idea é demostrarlle ó estudantado que quedar na montaña é viable, cun moito de formación e un pouco de ansia de traballo. Deste modo, houbo visitas guiadas a explotacións ecolóxicas e/ou montadas cunha filosofía competitiva, a queixerías, a fábricas de embutidos... E tamén charlas no colexio...

Neste curso reunímonos en pleno contexto con dúas apostas máis: o traballo co mel e co gando desestabulizado. Foi moi interesante. Vede algunhas fotos.

 

O Samaín

O 29 de outubro de 2008 celebrouse no centro O Samaín e houbo unha exposición-concurso de cabazas (colouse algunha remolacha e calabacín) dos que podedes ver algunha foto. Se as queredes ver en todo o seu esplendor facede "click" sobre elas.
Nesta ligazón tedes un díptico informativo que vos explica como se celebraba esta tradicional festa de influencia celta na zona de Navia de Suarna.
 


Excursión de 4º ESO a LONDON

 
 
Esta é unha ligazón a unha páxina web, excelente por certo aínda que quedan por pulir algúns pequenos detalles, elaborada polos alumnos de 4º de ESO do curso 2007/2008. Nela dan cumprida e detallada información sobre as vivencias e experiencias acontecidas durante a súa visita a LONDON na excursión de final de curso.
 
 

Libro de Receitas Toma Castañas!

Publicación de receitas de cociña elaboradas con castañas recollidas polo Equipo de Normalización Lingüística entre a comunidade educativa do C.P.I. Dr. Daniel Monje de Navia de Suarna durante o curso 2006-2007

 

Toma Castañas


Distribuir contido


by Dr. Radut