Onte vivimos un día moi triste no noso centro. A pesar do perigo que nos rodeaba, tivemos clases. De corpo presente pero as nosas mentes estaban en: Vilarello de Donís, Robledo de Donís, Vilar de Donís, Cabanaxaraz, Noudelo, Os Olmos, Xantes, Donís, Aucella, A Freita, Cereixido, San Martiño, San Robredín...
Pendentes da Fonsagrada e de Asturias.
O noso corazón con Piornedo.
Foron unhas horas angustiosas. Un ceo ameazante escurecido polo fume e sen saber, realmente, o que estaba a pasar nos pobos veciños. As miradas dos rapaces dicían moitas cousas: tristeza, pena, rabia, dor, incomprensión, preocupación... E as dos profesores eran un reflexo directo dos seus pensamentos.
Fixemos un seguimento por Internet da situación e comprobamos que somos os esquecidos das institucións e dos medios. Temos claro que se non miramos por nós mesmos, dende logo ninguén o vai facer. Defendamos o noso. A nosa terra, os nosos montes que son o legado das vindeiras xeracións.
- Un pequeno vídeo que fixemos.
https://www.facebook.com/endl.desuarna/posts/1549889821720954
Álbum: Sen categoría -> Lume