Skip to Content

Cursos anteriores, Curso 2017/2018

A FUNDACIÓN OSO PARDO

O pasado día 29 de maio fixemos unha visita a Piornedo cos membros da brigada da Fundación Oso Pardo onde coñecemos da súa man a importancia de coidar o tesouro que temos na nosa zona: a flora e a fauna tan valiosa que aquí habita.

PIORNEDO

O pasado 24 de Maio fomos todos os alumnos/as de Infantil e Primaria a Piornedo a aprender sobre a orientación facendo unhas carreiras en compaña dos compañeiros dos coles de San Román e Doiras. Tamén recollemos os premios de postais de Nadal da Asociación Teixeiro.

O BLOG DE BARCELONA

A mellor forma de explicar como foi a viaxe de Barcelona é facendo que os propios nenos e nenas nos amosen as súas experiencias en Barcelona. Para iso fixemos un blog no que podedes enterarvos mellor de como foi lendo as súas opinións. Aquí o tedes.

AS ESCOLAS VIAXEIRAS

O vindeiro día 10 viaxaremos cara a Murcia para desfrutar das actividades das Escolas Viaxeiras.

Compartiremos experiencias con outros tres centros:

- CPI. Uxío Novoneira de Pedrafita do Cebreiro 

-CEIP San Miguel de Navalagamella ( Madrid) 

- CEIP Virgen de Fátima de Jódar ( Jaén)

Estamos desexando marchar e comezar a aventura.

 

Clica aquí e poderás ver o programa de actividades

Ademais tamén lle podedes botar un vistazo ó Centro de alto rendemento Infanta Cristina onde estaremos aloxados

 

Ao chegarmos alí temos que facer unha presentación. Así é como nos queremos dar a coñecer

 

Os nosos compañeiros de Madrid tamén fixeron unha presentación. Botádelle unha ollada

 

 

Para poder enseñarvos o ben que o pasamos creamos un blog onde vos amosaremos as nosas experiencias. Clicade aquí

 

Á volta temos que entregar unha memoria coas actividades que alí fixemos. Se queredes velas premede aquí e poderedes velas

ENTROIDO

Este Entroido celebramos a festa cantando cun karaoke e queimando un meco.

 

Se queredes ver máis fotos clicade aquí

Nadal 2010

Coma todos os anos por estas datas o CPI celebra o Nadal de distintas formas:

Cunha axeitada decoración

     

Unha chea de refráns e ditos referentes ao nadal:

 

     

 

 

Visitounos "César o Home Orquestra"

A inicios do curso 2010-2011 e para que comezaramos co moitas ganas recibimos a "César, o Home Orquestra" que nos fixo pasar un bo rato e gozar coas súas cancións.

Se queredes ver máis fotos clicade aquí

O Camiño de Santiago

Para celebrar o fin de curso 2009-2010 pensamos que non había mellor  forma  de facelo que ir de excursión ata Santiago facendo o Camiño. Foi unha boa experiencia na que experiementamos cales son as sensacións que un ten cando chega á catedral despois de camiñar un bo rato. Para descansar e relaxarnos rematamos o día nas praias de Noia.

 

 

Máis fotos aquí

Samaín 2010

O día 29 de outubro celebramos no CPI o SAMAÍN, unha festa que xa celebraban os pobos celtas.O evento foi organizado polo dinámico equipo de normalización lingüística e nel participaron con entusiasmo alumnos/as e profesores/as.

 

A continuación un pequeno reportaxe fotográfico como resumo do acontecido. Premede co rato se queredes ver as fotos en tamaño grande.

O centro foi engalanado coma se merece para tal ocasión.

Ademais houbo un concurso de cabazas "tuneadas" con grandes dosis de talento e imaxinción. Uns/unhas artistas.

   
   

Todos os traballos presentados ao concurso de relatos de medo tiñan unha mais que contrastada calidade literaria. 

Para rematar todos os asistentes degustamos un magosto elaborado coa mellor materia prima: as excelentes castañas da zona.

   

Ao rematar procedeuse á entrega de galardóns dos concursos.  En "cabaza tuneadas" os premiados foron elixidos por votación popular e no concurso de relatos por un prestixioso xurado.

     

 

 

Excursión a Marcelle. Primaria

 

As nenas e nenos de Infantil e de primeiro ciclo de Primaria fixemos unha excursión a Marcelle o día 18 de Maio de 2010. Pasámolo moi ben.

Se queredes ver o moito que nos divertimos para ver as fotos clicade aquí 

Día das letras galegas 2009

Como os de Navia festexamos as letras galegas todo o ano da mellor forma que se pode, que é falando o galego, este ano decidimos celebralo cunha festa o mércores día 20 de maio.

Comezamos escollendo unha palabra da zona das recollidas durante todo o curso por nós (aquí tedes aligazón a esas palabras), escribíndoa nunha etiqueta e pegándoa nas nosas camisetas.

A partir da 11:00 realizáronse as actuacións dos contacontos Tim e Charo que nos ofreceron as súas magníficas historias en galego e inglés.

Ao medio día fomos xantar a carón do río na área recreativa das Veigas, onde Vicen nos ofreceu un saboroso menú que consistiu en empanada, bolos preñados, xamón asado e cereixas.

Ao rematarmos a comida Rosalía puxo a bailar ao son da gaita a todo o mundo (bueno, a case todo o mundo, je,je).

 

Tamén houbo a entrega de premios de lectura organizada por Margarita para a ESO e por Rosalia para a EP que este ano recaeron en: Marcos, Sonia e Eva da ESO e Mohamed, Ismael, Miriam, Nerea, Lucia e Noelia de primaria.

Para finalizar a festa achegámonos a ponte medieval da Proba onde Pablo e Quique leron uns manifestos a prol do galego e Silvia, Marta, Magalí e Eva leron uns textos de Fran Alonso e Lupe Gómez. Como punto final despregamos unha pancarta na ponte que dicía: "VIVIMOS EN GALEGO".

 

P.D: Que así siga sendo por moitos anos

P.D2: Mentras a conexión a Internet na nosa zona siga indo a pedales non intentedes abrir as fotos "grandes". Tardan aprox. 1/2 hora.

Entroido 2009

A comunidade educativa do CPI disfrazouse, con moito gusto, e saiu a lucirse percorrendo as rúas de Navia como podedes comprobar nas seguintes fotos. Premede para velas na súa xusta medida.

       
   
     

Receitas no nadal

Con motivo da celebración do nadal o día 19 de decembro, desde o Equipo de Normalición e Dinamización Lingüística do CPI, propuxémonos facer unha recollida de receitas de postres e comidas tradicionais da zona típicas de outono e inverno (especialmente das celebracións do nadal).

Nesta ligazón podedes atopar todas as que se recolleron.

Dalgunha destas delicias culinarias achegáronse mostras coas que se fixo unha degustación á que estaban convidados todos os membros da comunidade educativa e todos aqueles que  participaron aportando receitas e probas de comida.

Aquí vos deixo unhas fotos e nesta otra ligazón tedes mais.

 
Distribuir contido


by Dr. Radut