Actividades

ENTROIDÓN

QUECENDO MOTORES PARA O ENTROIDO !!!

 

XA CHEGOU O ENTROIDÓN CUN GRAN NOTICIÓN!


CADA DÍA DA SEMANA...CUNHA COUSA PREPARADA!

- LUNS 9: Un cinturón ben molón!


- MARTES 10: Un peluche cunha chuche!!


- MÉRCORES 11: Cos beixos de cor para bicar mellor!!!


- XOVES 12: Na túa clase con maquillaxe!!!!

 

E este foi o resultado....

 

Día da PAZ

O venres 30 de xaneiro celebramos o día da paz.

Competición de xadrez

Na semana do 19 ao 23 de xaneiro, tivemos na biblioteca do centro unha competición de xadrez. Tanto nos recreos de primaria como de secundaria contamos cun elevado número de participantes. 

A actividade estivo dirixida e coordinada por Enrique Rojo, do clube de xadrez de Chantada. Os mellores clasificados competirán contra outros centros da zona, con posibilidades de que se organice dita competición no noso centro. 

Dado o éxito da actividade, e si contamos co suficiente número de alumnos, daranse clases de xadrez no centro. Os profesores de educación Física serán os encargados de elaborar a lista de interesados, para posteriormente poñerse en contacto coas familias.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet