Día da Biblioteca

O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas.

Picade na imaxe para ver mais.

O Programa de Radio de Infantil

Xa temos programa de Radio nº 2 deste curso. Desta vez foron os alumnos de Educación Infantil e as súas profes Ana, Cruz, Iria e Yolanda os que prepararon o programa que podedes oir se picades no seguinte enlace, polo cal seredes dirixidos ao blog da biblioteca.

https://ondehabitanasletras.blogspot.com/2024/10/o-programa-de-infantil.html?m=1

Recordade que este sábado, a partir das 15:30, tamén poderedes escoitalo ne RADIO ECO FM Ribeira Sacra.

Formación de usuarios na Biblio

Durante esta semana estamos a celebrar varias actividades para conmemorar o Día das Bibliotecas, que se celebra o 24 de outubro. Hoxe fixemos unha sesión de Formación de Usuarios para 6º de Primaria e 1º de ESO de corte lúdico.

 

Para saber mais, visitade o blog da Biblioteca. 
https://ondehabitanasletras.blogspot.com/2024/10/ximcana-na-biblio-formacion-de-usuarios.html?m=1

 

Día das Escritoras 2024

Picando na seguinte imaxe poderedes acceder ao blog da Biblioteca e ver o traballo que realizaron os alumnos de ESO e Primaira para commemorar o Día das Escritoras que se celebrou recentemente.

 

SAMAÍN

 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NO CONCURSO! IMOS CREAR UN AMBIENTE DE MEDOOOOO!

AS CABACIÑAS DEBEN TRAER O NOME E CURSO DO ALUMNO/A PARTICIPANTE.

1º Programa de Radio Xuntos deste curso!

Picade na imaxe para poder escoitar o primeiro programa de RADIO XUNTOS que elaboramos neste curso:

Acuarela en EPVA de Primaria e ESO

Velaquí tedes unhas imaxes da actividade en torno á acuarela que celebramos o venres 27 de Setembro na Aula de Plástica. 

Foi organizada pola profe Ana Quintela e a ela asistiron varios cursos de Primaria e algúns alumnos de 3º de ESO. Tivemos de convidada especial a Belén Rodríguez Pazo, ilustradora e copropietaria da tenda de roupa recorada con pinturas feitas con acuarelas realizadas por ela: MELEMAU.

Un grupo de alumnos fixo flores e o outro retratos.

Actividades da Biblio no mes de Setembro

Para ver un resumo das actividades do mes de Setembro na Biblio, pica no seguinte enlace:

https://ondehabitanasletras.blogspot.com/2024/10/mes-de-setembro-na-biblio.html

CONSELLOS BÁSICOS PARA A VII ANDAINA ESCOLAR CAMIÑO DE INVERNO CURSO 24/25

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 4º ESO NA MATERIA DE PROXECTO COMPETENCIAL COA PROFE DE EDUCACIÓN FÍSICA, LAURA BELÓN

26 de Setembro, Día Europeo das Linguas.

Este 26 de setembro celébrase o Día Europeo das Linguas.

Aquí podedes ver o vídeo realizado coas voces dos alumnos da ESO e organizado pola profe de Lingua Galega, Patricia Varela.

 

Powered by Drupal - Design by artinet