Dende o departamento de becas infórmase que xa se trasladaron requirimentos de documentación das becas de estudos xerais.
Deben estar pendentes dos correos que introduciron nas súas solicitudes de beca e comprobar se lles foi requirida documentación adicional.
Neste caso, lembrarlles que deberán presentala por rexistro; ben por rexistro presencial (pode ser da Xunta ou do seu concello ou outro rexistro público), ben na sede electrónica da xunta co procedemento xenérico PR004A, ambos casos perante esta Dirección Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP en Lugo (anteriormente Xefatura Territorial de Cultura, Educación, FP e Universidades)