SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL

Lingua Galega: SOMOS POETAS!

Tedes que inventar unha rima asociada ao tempo que estades vivindo nos vosos fogares. Escribídela nun folio e decorádela. Que vos saquen unha foto á vosa familia e logo eu subirei o vídeo para que nos poidamos ver todos/as.  A miña, adiántovos que vai ser:

“A profe Miriam nesta cuarentena,

limpa a súa casa como unha patena!”

 

Lingua Castelá: COMPRENDEMOS UNHA LECTURA!

Acceder ao libro dixital: Tema 9, Lectura “La máquina de maullar” e facer os exercicios (do 1 ao 6) na libreta.

 

Matemáticas: SOMOS INVENTORES DE PROBLEMAS!

Tedes que inventar tres problemas nos que se utilicen as catro operación básicas: suma, resta, multiplicación e división. Facédelos na libreta e os resolvedes.

 

Ciencias sociais e naturais: SOMOS VIAXEIROS!

No voso caderno de naturais ou sociais (o que prefirades) tedes que planificar e describir o lugar no que vos gustaría pasar as vosas próximas vacacións. Por último, facedes un debuxo do mesmo.

MÚSICA

 

  • Propóñovos para esta semana tocar a frauta, neste caso "Debaixo dun botón" podedes gravarvos e enviarme o vídeo ao correo.

 

Tedes ata o día 19 de Abril para entregar todas as tarefas ao meu correo.

AdxuntoTamaño
debajo_de_un_boton.jpg19.73 KB

Powered by Drupal - Design by artinet