A Alimentación Saudable no Deporte e na Actividade Física

Felipe Barata

O pasado venres 7 de Xuño celebrouse no Centro Sociocultural de Friol a segunda conferencia do ciclo Educación e Saúde no Deporte e na Actividade Física. Esta conferencia foi relatada a cargo de José Luis Soidán, profesor da Facultade de Ciencias da Educación e Deporte de Pontevedra e que tivo como título A Alimentación Saudable no Deporte e na Actividade Física.

José Luis incidiu na importancia dunha correcta alimentación na formación do xoven deportista e tamén en aspectos claves como a hidratación e o descanso nocturno necesario para poder levar a cabo a actividade física de xeito correcto. O profesor Soidán desenvolveu o seu relatorio de xeito ameno e entretido, xa que falou diante do auditorio algo máis de dúas horas, que foron moi aproveitadas polas familias que asistiron á mesma.

As nenas e nenos de Infantil de 3 e 4 anos visitan Secundaria

O pasado martes, 11 de xuño, as nenas e nenos de Educación Infantil de 3 e 4 anos visitaron a pasarela de Secundaria para ver "Tras os pasos de Tintimán" e outros traballos expostos.

Fin de curso das actividades de Infantil e Primaria

O pasado 31 de maio tivo lugar o festival de fin de curso das actividades levadas a cabo no centro en Educación Infantil e Primaria ó longo deste curso, tales como música e baile tradicional, aikido, hokey, actividades de Infantil, así como unha exposición de traballos feitos en distintas  actividades: labores, manualidades, etc.

No presente vídeo ofrecemos un resumo das mesmas.

Memorial Gregorio Pérez Rivera (Lugo)

Felipe Barata

O pasado sábado, 8 de maio, tamén se disputou en Lugo unha nova edición do tradicional Memorial Gregorio Pérez Rivera, no cal tomaron parte catro atletas do noso club.

A gran protagonista da xornada foi Noelia Sánchez, que lograba a segunda posición na proba dos 1.500 metros absolutos, ademais de lograr co seu crono de 4.56 minutos a marca mínima para tomar parte no Campionato de España de Castellón. Samuel Castedo tamén se faría coa cuarta posición na proba de salto de altura, onde facía un mellor salto de 1.74 metros.

María Carballido tamén tiña un bo comportamento nas probas de velocidade, sendo sexta nos 200 metros absolutos cun total de 27.70 segundos, mentres que nos 400 metros lisos era cuarta cun crono final de 1.00.87. Por último, Nerea Montes finalizaba no oitavo posto nos 100 metros valos cun tempo de 18.42 segundos, mentres que nos 100 metros lisos era vixésima cun tempo de 14.50 segundos.

Experiencias TEI

Beatriz Busto

Dende o Programa TEI, tivo lugar un concurso de talentos entre as parellas TEI de primeiro e terceiro de ESO, onde cada unha representou algo propio, unha auténtica actividade de cohesión, que axudou ós alumnos a coñecerse mellor e xerar lazos afectivos.

Tivemos ademais o gusto de contar coa presenza dun invitado moi especial, Andrés Vázquez García, que el mesmo se cualifica como un apaixonado do TEI.

Andrés entregounos unha placa representativa para o noso centro, minutos antes da entrega de camisetas como premio para todo o alumnado por participar no concurso, e recordo do programa TEI durante o curso 2018-2019.

Campionato Galego Sub 10 e Sub 12. Lugo

Felipe Barata

O pasado sábado 1 de xuño disputouse en Lugo o Campionato Galego sub 10 e sub 12, no que tomaron parte 9 atletas, logrando un pódium neste evento de rango autonómico.
A gran protagonista da xornada foi Alba Menán, que conseguía a segunda posición na proba dos 1.000 metros marcha na categoría sub 10 e, polo tanto conquistaba a medalla de prata.

Outro que quedaba moi cerca dos postos de cabeza foi Lucas Castiñeira, que finalizaba na cuarta posición na proba dos 2.000 metros marcha dentro da categoría sub 12. Tamén o seu compañeiro Mateo Sánchez quedaba cerca dos postos de pódium na proba do salto de altura, xa que finalizaba na quinta posición, mentres que na proba da marcha finalizaba na sétima posición.

Noa Mouriz remataba no sexto posto na proba de salto de altura cun mellor salto de 1.16 metros, mentres que na proba de marcha era novena. Aldara Ceide finalizaba no oitavo lugar nos 2.000 metros marcha e Ramón Loureiro entraba noveno na mesma proba dentro da categoría sub 12.

Oihane Gómez tamén se facía co 12º posto na proba dos 2.000 metros marcha alevín e Mateo Sánchez finalizaba no décimo cuarto posto nos 1.000 metros lisos masculinos da categoría sub 12. Por último, Rebeca Vázquez tamén lograba o décimo cuarto lugar na disciplina dos 1.000 metros lisos da categoría sub 10.

Correlingua 2019

Teresa Estévez

O Correlingua, que xa vai pola súa décimo oitava edición, alcanzou ao longo destes anos unha alta participación dos centros de ensino e do alumnado, así como o apoio de persoeiros e organizacións de todo tipo.

Arredor do Día das Letras ten lugar o acto central de Correlingua, unha carreira non competitiva que percorre doce localidades. Cada localidade escollerá unha ou varias persoas do ámbito artístico, cultural, deportivo,… que destaquen no uso e defensa do noso idioma, para ser portadora do testemuño e que lerá o manifesto gañador do concurso escolar.

O alumnado de 6º de Primaria e 1º e  2º de ESO non quixo perderse este evento que se celebrou en Lugo o día 8 de maio de 2019.

Makers Lugo con 5º e 6º de Primaria

Sandra Cid

O alumnado de 5º e 6º de Primaria tivo a gran sorte de desfrutar de dous convidados moi especiais, David e Alberto, do centro de Makers Lugo, asociación dedicada á divulgación do software e hardware libre, sendo, desta maneira, toda a tecnoloxía accesible a todo o mundo. Expuxéronnos os derradeiros avances tecnolóxicos sobre impresoras 3D. Fixeron prácticas de modelaxe en 3D e tamén se divertiron xogando cos Escornabots. O que busca esta asociación é xente que lle guste construír os seus propios proxectos.

Moitas grazas ós dous.

VII Carreira Popular Concello de Friol

Vídeos da VII Carreira Popular Concello de Friol, disputada o 27 de abril de 2019, cunha gran participación de atletas en tódalas categorías. Os vídeos contan cos comentarios de Felipe Barata.

Distribuir contido