Firma no noso centro dun importante convenio para a implementación dos plans de vida activa e saudable nos centros educativos

Felipe Barata

O CPI Dr. López Suárez foi escenario da firma do Convenio de Colaboración de desenvolvemento de actuacións conxuntas para a implementación dos plans de vida activa e saudable en centros educativos e o seu seguimento a través da plataforma de datos de actividade física saudable (DAFIS). A firma deste convenio contou coa presencia da Conselleira de Educación, Dona Carmen Pomar Tojo, e o o Conselleiro de Sanidade, Don Jesús Vázquez Almuiña, ademais do Secretario Xeral para o Deporte, D. José Ramón Lete Lasa, os xefes territoriais de Sanidade e Educación e o alcalde de Friol, entre outras autoridades. 

O CPI Dr. López Suárez leva 8 anos traballando no programa DAFIS e no seu momento foi o centro pioneiro en Galicia en levar a cabo o desenrolo do mesmo, ademais de contar coa colaboración do servicio de pediatría de Friol cara a unha mellora da condición de saúde do noso alumnado.

Mira a galería fotográfica completa

Encontros interxeracionais

Beatriz Blanco

Dentro do proxecto "Encontros interxeracionais", o venres 10 de xaneiro visitounos a contadora, actriz e monicrequeira Raquel Queizás con dous espectáculos de contos de tradición oral para as etapas de Eduacións Infantil e Primaria.

Neste vídeo ofrecemos un frangmento da súa intervención para o alumnado de Educación Infantil.

 

Estes son algúns dos avós que acompañaron os nenos e nenas nesta primeira actividade do proxecto. Mira a galería de fotos completa.

5ª de Primaria leva a poesía á Torre de San Paio de Narla

Pilar Racamonde

Os alumnos e lumnas de 5º de Primaria, como vimos facendo tódolos anos, celebramos na Torre de San Paio  unha festa con recitais, merenda e un delicioso chocolate e roscas que nos fixeron as nosas marabillosas amigas da Torre: Paquita, Ana, Carmen e Jesús. Grazas por todo.

Trofeo de Nadal Concello de Marín

Felipe Barata

O pasado 28 de decembro disputouse o Trofeo de Nadal do Concello de Marín, encadrado dentro do circuíto de atletismo Primitivo Simón e no cal tomaron parte cerca dunha decena de atletas do noso club, e onde se alcanzaban dúas vitorias, ademais de catro pódiums.

Así, era María Carballido que se convertía na gran protagonista da xornada, xa que se impoñía na proba dos 1.500 metros lisos cun rexistro de 5.03 minutos, mentres que nos 400 metros lisos tamén gañaba a proba cun tempo final de 1.01 minutos. Samuel Castedo tamén gañaba o concurso de salto de altura, onde facía un mellor salto de 1.80 metros, o que supón un novo tope personal.

Pola súa parte, Nerea Lage e Noelia Sánchez eran segunda e terceira na distancias dos 1.500 metros, mentres que na categoría sub 14 Alexis Castedo facía un mellor salto de 1.30 no concurso de altura, que o aupaban á sexta posición. Tamén na altura concursaba Ramón Loureiro, que saltaba 1.20 e se facía coa cuarta posición. Os dous tomaban parte na proba dos 60 metros lisos, onde Ramón gañaba a súa serie.

Mara Montes e Borja Arias tamén gañaban a súa serie dos 60 metros lisos e os dous tamén tomaban parte na proba dos 1.000 metros lisos. Por último, Nerea Montes tamén tomaba parte na proba dos 100 metros lisos e onde entraba na cuarta posición na súa serie.

Festival de Nadal 2019

O Centro Sociocultural de Friol acolleu o Festival de Nadal, que un ano máis, coa participación do alumnado de Primaria, organiza a ANPA do noso Centro. O festival inclúe números de baile, ximnasia rítmica, obras de teatro e demostración de Taekwondo.

Debido á duración do festival, dividimos o vídeo en dúas partes, coa finalidade de facilitar a súa visualización.

Postais gañadoras no Concurso de Postais de Nadal

No Concurso de Postais de Nadal resultaron gañadoras por curso as correspondentes ós/ás seguintes alumnos/as:

Adriana Núñez Rebolo (Ed. Infantil - 3 anos)

Iría Díaz Iglesias (Ed. Infantil - 4 anos)

Lucas Lage Villamor (Ed. Infantil - 5 anos)

Tatiana De La Fuente Sánchez (1º de Primaria)

David Sánchez Viña (2º de Primaria)

Susana López Seijas (3º de Primaria)

Susana Pena Villamor (4º de Primaria)

Samuel Rodríguez García (5º de Primaria - Esta postal foi a elixida para representar o Centro na felicitación do Nadal á Comunidade Educativa)

Mara Montes Blanco (6º de Primaria)

Beatriz Lorenzo Ferreiro (1º de ESO)

Xornada de cine para o alumnado de Secundaria

 

Carlos Bello Scout

O pasado 22 de novembro, o alumnado de secundaria acudiu a ver o novo filme galego "O que arde", ambientado na montaña lucense. Despois da visualización tivemos oportunidade de conversar coa protagonista, Benedicta Sánchez, natural do Corgo.

De tarde deslocámonos ao centro da cidade, onde visitamos a exposición do artista Oswaldo Guayasamín, e fixemos un obradoiro sobre indixenismo americano.

Saída ó bosque (5º de Primaria)

Pilar Racamonde

Saímos ó bosque; poesía visual, raiolas de sol, outono, follas caídas ...

Dedicamos esta exposición fotográfica, feita polos alumnos de 5º de Primaria, a Alfredo Labajjo Grandío, q.e.p.d.

Campionato Provincial de Cross e 1ª Preparatoria Xogade (Portomarín)

Felipe Barata

O pasado domingo 1 de decembro tivo lugar en Portomarín o Campionato Provincial absoluto de campo a través, no cal o noso club estivo presente e obtivo uns fantánsticos resultados, xa que se facía cun total de 7 podiums.

No apartado feminino, gran actuación das nosas representantes, xa que Lucía Varela se facía coa victoria absoluta e a súa compañeira de equipo Nerea Lage lograba ademais o subcampionato provincial absoluto. Ambas tamén se facían coa medalla de ouro e de prata na categoría sub 18.

 Pola súa parte, María Carballido tamén lograba a vitoria na categoría sub 20, sendo ademais a quinta na proba absoluta. Samuel Castedo tamén se facía coa medalla de bronce na categoria sub 18. Por último, na clasificación por equipos, o equipo femeninno do Atletismo Friol lograba o entorchado provincial.

 

1ª PREPARATORIA CAMPO A TRAVÉS. XOGADE. PORTOMARÍN

Paralelamente a este campeonato tamén se disputou en Portomarín a primeira proba preparatoria de campo a través do programa Xogade, na cal tomaron parte cerca de 30 nenos e nenas que competían dentro da fase comarcal da zona sur. Todos tiveron unha meritoria actuación nun día de moito frio.

Os podiums que se lograban viñán a cargo de Manuel Lage na categoría sub 10, onde gañaba dentro da zona sur, Mateo Villar e Martín Díaz que eran primeiro e terceiro na categoría sub 12, Ramón Loureiro e Mateo Aguiar, que se facían coa segunda e terceira posición na categoría sub 14 e Aldara Ceide que era segunda na categoría sub 14.

Estela Villarabide no World Youth Forum en Sharm El-Sheik (Exipto)

(ELPROGRESO, mércores 18 de decembro de 2019)

Parabéns, Estela!!!. No CPI Dr. López Suárez de Friol estamos moi orgullosos de haber participado na túa formación.

(Artigo completo)

Distribuir contido