Carreira Popular de Mondoñedo

Powered by emaze

Felipe Barata

Despois de máis de ano e medio de ausencia das carreiras populares a causa da pandemia da Covid 19, volvíamos a unha proba que tanto gusta ós nenos e nenas do club. Mondoñedo era a vila que albergaba unha das primeiras citas da tempada, que esperemos sexa xa normal en canto a este tipo de actividades. Así, máis dunha ducia de representantes do club do colexio estiveron presentes na fermosa cidade mindoniense, onde se lograban un total de catro pódiums.

Así, na categoría sub 14, Mateo Villar lograba a segunda posición, mentres que Ramón Loureiro entraba no terceiro lugar. Pola súa parte, Mateo Aguiar conseguía a segunda posición na proba sub 16 e Martín Díaz se encaramaba ó terceiro chanzo do pódium na proba sub 12 Tamén tomaron parte na proba Mateo e Lucas Lage, Iria Díaz, Manuel Lage, David Viña, Ada Ceide, Sabela Menán, Roi Andón, Alba Menán, Borja Arias, Mara Montes, Ohiane Gómez e Mariña Aguiar.

I Trofeo Mens Sana in Corpore Sano

Powered by emaze

Felipe Barata

O terceiro trimestre do curso escolar foi o escenario do I Trofeo Mens Sana in Corpore Sano, que se disputou nos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e que consistía nunha valoración en tres partes: por un lado consistía nun triatlón atlético no cal os alumnos e alumnas tiñan que facer un lanzamento, unha carreira e tamén un salto; por outra banda tamén se lles computaría a media das notas académicas que tivesen no final de curso e, por último, tamén se tería en conta os valores como empatía, solidariedade, capacidade de superación e demais que foron valorados por todos os profesores que daban clase este ano nos cursos citados. Unha competición que serviu de estímulo para todo o alumnado participante para afrontar con paixón esta última parte dun curso académico tan complicado e no que os nosos nenos e nenas tiveron un extraordinario comportamento.

Para ver os gañadores desta I Edición do Trofeo Mens Sana in Corpore Sano preme aquí.

Campionato Galego Sub 14. Vigo

Felipe Barata

O pasado 26 de xuño disputouse o Campionato Galego sub 14, no que tomaron parte dez atletas do club de Friol, que tiveron unha destacada actuación e na que se lograba unha medalla de bronce a cargo de Mateo Villar, que finalizaba na terceira posición na proba dos 2000 metros lisos.

Moi cerca do podium quedaba tamén Ramón Loureiro, que na mesma distancia dos 2000 metros lisos remataba na cuarta posición. Pola súa parte, Noa Mouriz tamén adquiría a condición de finalista ó ser quinta na final do salto de altura. Iván Neira era sexto na proba dos 80 metros valos, a mesma posición que adquiría Ramón Loureiro no lanzamento de disco e Antía Iglesias no lanzamento de peso. Tamén Oihane Gómez conquería praza de finalista ó rematar na sexta posición na proba dos 80 metros valos e a citada Antía Iglesias finalizaba na sétima posición no concurso do lanzamento de disco. Mara Montes tamén tiña unha destacada actuación e finalizaba na oitava posición no concurso do triplo salto.

Tamén na distancia dos 80 metros valos, tomaron parte Ariadna Paz e Mara Montes, que finalizaban na novena e undécima praza respectivamente, mentres que Mateo Sánchez quedaba no décimo posto na proba dos 80 metros valos e o mesmo tempo era duodécimo no concurso do triplo salto. Por último, Oihane Gómez finalizaba no duodécimo posto na distancia dos 80 metros lisos e Uxía Platero conseguía a mesma posición na proba dos 2.000 metros marcha.

Memorial Gregorio Pérez Rivera e Trofeo Mariano Castiñeira. Lugo

Felipe Barata

O pasado sábado 29 de Maio disputouse en Lugo unha nova edición do Memorial Gregorio Pérez Rivera, que ademais foi escenario do I Trofeo Mariano Castiñeira e no cal estiveron presentes un bo número de atletas do noso club. A atleta máis destaca nesta ocasión sería Mencía Casanova, que lograba a terceira posición na proba do lanzamento de disco, mentres que Ramón Loureiro tamén conseguía subir ó terceiro chanzo do pódium na carreira dos 1000 metros lisos para a categoría sub 14.

Precisamente, nesta categoría sub 14, sería onde teríamos unha maior representación. Na distancia dos 150 metros lisos, o propio Ramón Louriero lograba a quinta posición xeral, mentres que Mateo Villar e Samuel Villar eran terceiro e sexto nas súas series respectivamente. Na proba dos 1000 metros lisos, Mateo Villar entraba na quinta posición. Polo que respecta ás nenas, na distancia dos 150 metros lisos, Oihane Gómez lograba a cuarta posición da xeral, mentres que Noa Mouriz gañaba a súa serie, Mara Montes era terceira, Ariadna Paz sexta na súa, Uxía Platero terceira na súa, Noelia Sánchez, cuarta, Antía Iglesias era sexta e Andrea Vázquez, sétima. Xa na distancia dos 1000 metros lisos, Ohiane Gómez entraba na sétima posición, Mara Montes era décima, Uxía Platero décimo terceira e Ariadna Paz, décimo cuarta.

Pola súa parte, Nerea Montes dobraba proba e nos 100 metros lisos marcaba un crono de 14.29 segundos, que lle daban a segunda posición na mesma, mentres que nos 100 metros valos ocupaba a cuarta posición na súa serie cun tempo de 17.90 segundos. Tamén debutaba nun evento deste nivel Mateo Aguiar, que na distancia dos 100 metros lisos marcaba un tempo de 14.19 segundos, facendo o sexto tempo na súa serie.

Tamén este memorial foi unha toma de contacto para os atletas de categorías absoluta que seguen na súa preparación cara os distintos eventos que están a preparar. Así, na distancia dos 100 metros lisos, Alejandro Fernández era segundo na súa serie cun tempo de 11.49 segundos, seguido na terceira posición por Cristian Montecelo, que facía 11.58. Ambos dobraban proba, xa que nos 200 metros lisos, lograban a segunda e cuarta posición respectivamente na súa serie. Pola súa parte, María Carballido lograba meterse na final dos 100 metros lisos, onde facía un tempo de 12.84 segundos para facerse coa sexta posición. María tamén correría na distancia dos 200 metros lisos, onde era cuarta cun tempo de 26.41 segundos.

Actividade de escalada 5º e 6º de Primaria

Felipe Barata

O pasado xoves 20 de maio, o alumnado de 5º e 6º de primaria visitaron o rocódromo de Lugo para participar na actividade de escalada. Esta actividade, de carácter totalmente gratuíta, desenvolveuse dentro do programa Xogade, que a partir do terceiro trimestre do presente curso volveu a poñerse en marcha despois de máis de 12 meses de estar inactiva pola pandemia do Covid-19.

Polo tanto foi a primeira actividade realizada por nenos e nenas deste colexio dentro deste programa na cal estamos inscritos e forma parte do Proxecto Deportivo de Centro, elaborado polo departamento de Educación Física. O alumnado de 5º e 6º de primaria deisfrutaron dunha das mellores instalacións para a actividade da escalada que hai en España e practicaron con entusiasmo unha xornada de iniciación a un deporte que este ano será olímpico por primeira vez nos XXOO de Tokio que se disputan no mes de Xullo.

3ª Xornada Control de Marcas. Lugo

Felipe Barata

O pasado domingo 16 de maio disputouse a III Xornada de Control de Marcas, na cal estiveron presentes case 30 atletas do noso club, que estiveron desfrutando unha vez máis da competición nun ano na que a merma das mesmas por mor da pandemia foi moi notoria.

Comenzaba a xornada coa participación de Martín Díaz na proba de salto de lonxitude sub 12, na que cadaba a quinta posición. Sofía López era terceira na distancia dos 500 metros lisos sub 12, mentres que a súa compañeira Sara Platas quedaba na cuarta posición na súa serie da mesma distancia. Martín Díaz gañaba a súa serie dos 60 metros lisos, para marcar o cuarto posto no global de todas as series. Anxo Moreno era cuarto na súa serie, e Roi Andón e Alán García quedaban na quinta e sexta posición, respectivamente na súa. Polo que respecta as nenas da mesma categoría, Grace Gainsford marcaba o sexto mellor tempo entre todas as series e Sara Platas gañaba a súa serie, mentras que Alba Menán e Rebeca Vázquez eran terceiras nas súas. Xa no lanzamento de pelota sub 12, quinto e sétimo posto respectivamente para Alán García e Anxo Moreno, mentres que no apartado feminino, Alba Menán e Rebeca Vázquez conquerían a quinta e sexta posición respectivamente . Por último, Grace Gainsford cerraba a actuación dos membros desta categoría coa novena posición neste concurso de lanzamento de pelota.

Polo que respecta á categoría sub 14, Manuel Folgueira quedaba no oitavo posto no concurso do lanzamento de peso e Antía Iglesia era cuarta no mesmo lanzamento. Mateo Villar e Ramón Loureiro eran segundo e terceiro respectivamente nos 2000 metros lisos. Na proba de velocidade, nos 80 metros lisos, Ramón Loureiro era sexto no computo xeral de todas as series, mentras que Mateo Villar e Samuel Villar eran primeiro e segundo nas súas series e Lucas Castiñeira facíase coa cuarta posición. Nos 150 metros lisos, Iván Neira era terceiro na súa serie, Mateo Sánchez quinto na súa, Lucas Castiñeira, sexto na súa e Samuel Villar, sétimo na súa. Na disciplina dos 80 metros lisos, Mateo Sánchez e Iván Neira conquerían a sétima e oitava posición respectivamente. Na distancia dos 80 metros lisos, Oihane Gómez gañaba a súa serie e facía o cuarto mellor tempo no global de todas as series. Mara Montes era terceira na súa, Noa Mouriz, cuarta na súa, Ariadna Paz, terceira na súa, Uxía Platero quinta na súa, Antía Iglesias era sexta, Andrea Vázquez quedaba sétima na súa, Lucía Espiñeira cuarta na súa e por último, Noelia Sánchez sétima na súa. Na distancia dos 150 metros lisos, Lucía Espiñeira e Andrea Vázquez eran cuarta e oitava na súa serie, Uxía Platero, terceira na súa e Noelia Sánchez, oitava na súa serie clasificatoria. Por último, na distancia dos 80 metros valos, Oihane Gómez gañaba a súa serie e quedaba na terceira posición no global de todas as series, mentres que Mara Montes era segunda na súa, Noa Mouriz entraba na terceira posición na súa serie e Ariadna Paz tamén era cuarta na súa serie.

II Xornada Control de Marcas. Lugo

Felipe Barata

O pasado sábado 24 de abril disputouse a II Xornada de Control de Marcas para as categorías inferiores e na cal estiveron presentes máis de 25 atletas do noso Colexio, que desfrutaron dunha agradable xornada atlética.

No capítulo de resultados, Mateo Aguiar lograba a quinta posición nos 100 metros lisos e a sétima posición nos 600 metros lisos na categoría sub 16. Polo que se refire á categoría sub 14, Paulo Maneiro era sexto na súa serie dos 150 metros lisos, Ramón Loureiro entraba na terceira posición, Samuel Villar na cuarta e Mateo Villar era primeiro na súa dos citados 150 metros lisos. Nas carreiras dos 500 metros lisos, Borja Arias entraba en primeira posición na súa serie, Martín Díaz tamén se facía coa vitoria na súa carreira e Roi Andón era sexto. Na mesma proba, pero na categoría sub 14, Ramón Loureiro tamén conseguía a vitoria e Mateo Villar era cuarto na mesma distancia.

Xa nos concursos, Martín Díaz era segundo no salto de lonxitude, Borja Arias, oitavo na súa serie e a mesma posición lograba Roi Andón e Anxo Moreno. O propio Anxo Moreno era tamén oitavo no lanzamento de peso e Manuel Folgueira, quinto no lanzamento de xavelina.

Entre as nenas, Eva Rose Merchant e Ánxela Maneiro firmaban a cuarta e quinta posición respectivamente nos 100 metros lisos, mentres que eran 7ª e 8ª na distancia dos 600 metros lisos. Amplia representación do club na distancia dos 150 metros lisos, onde Mara Montes conseguía imporse na súa serie, e onde Ariadna Paz se facía co terceiro posto na súa, Oihane Gómez co cuarto, Noa Mouriz co segundo, Uxía Platero co cuarto e Andrea Vázquez co sexto. A mesma Uxía Platero quedaba na terceira posición na proba dos 500 metros lisos e Andrea Vázquez no quinto posto da súa serie da mesma distancia.

Na proba dos 80 metros valos, Oihane Gómez conseguía a vitoria na súa serie, mentres que Ariadna Paz era segunda na súa, Noa Mouriz tamén entraba segunda na súa serie e Mara Montes era cuarta na súa carreira desta espectacular proba que son os valos. No concurso de salto de lonxitude, Grace Merchant era cuarta, Alba Menán quinta e Rebeca Vázquez novena. Por último, no concurso de lanzamento de peso, vitoria para Rebeca Vázquez, cuarto posto para Alba Menán e sexto para Grace Merchant, mentres que Antía Iglesias era quinta no lanzamento de xavelina.

Distribuir contido