Memorial Gregorio Pérez Rivera (Lugo)

Felipe Barata

O pasado sábado, 8 de maio, tamén se disputou en Lugo unha nova edición do tradicional Memorial Gregorio Pérez Rivera, no cal tomaron parte catro atletas do noso club.

A gran protagonista da xornada foi Noelia Sánchez, que lograba a segunda posición na proba dos 1.500 metros absolutos, ademais de lograr co seu crono de 4.56 minutos a marca mínima para tomar parte no Campionato de España de Castellón. Samuel Castedo tamén se faría coa cuarta posición na proba de salto de altura, onde facía un mellor salto de 1.74 metros.

María Carballido tamén tiña un bo comportamento nas probas de velocidade, sendo sexta nos 200 metros absolutos cun total de 27.70 segundos, mentres que nos 400 metros lisos era cuarta cun crono final de 1.00.87. Por último, Nerea Montes finalizaba no oitavo posto nos 100 metros valos cun tempo de 18.42 segundos, mentres que nos 100 metros lisos era vixésima cun tempo de 14.50 segundos.