Skip to Content

ENTROIDO E COVID

Estimadas familias:

Como sabedes, a incidencia do COVID 19 no concello de Pazos de Borbén está en niveles moi altos. Xa están aquí as festas do Entroido e dende o centro queremos lembrarvos a importancia de seguir as recomendacións sanitarias e de limitar o contacto social ó imprescindible. É responsabilidade de todos cumprir coas medidas de seguridade para poder frear a transmisión do virus. Os vosos fillos e fillas voltarán ó cole o xoves 18 e debemos contribuir todos a que poidan vir a clase con normalidade.

Coma sempre, agradecémovos a vosa colaboración.

Un saúdo e moito ánimo.

 

O Claustro do CPI Curros Enriquez 

 

ACTUALIZACIÓN DE CASOS COVID NO CENTRO

Hoxe recibimos a comunicación da apertura dun novo expediente por un caso positivo por COVID-19 no centro. 

Procedemos seguindo os protocolos establecidos e as instrucións da Central de Seguimento de Contactos do SERGAS. 

Dado que a alumna presentou síntomas o día 24, o SERGAS determinou como contactos directos os producidos no día 22 no centro. 

As familias afectadas xa están avisadas, polo que se non recibistes ningunha chamada do centro nin do SERGAS é porque os vosos fillos non son contactos directos deste caso.

Manterásevos informados de calquera novidade ó respecto.

Moitas grazas pola vosa colaboración. 

FELICITACIÓN DE NADAL

Estimadas familias:

Hoxe rematou o primeiro trimestre deste curso 2020/2021. Foron tres meses cheos de incerteza e preocupación. Pero grazas ó traballo e á implicación de toda a comunidade educativa logramos chegar ó final con moi poucos casos positivos e sen contaxios producidos no centro. Todos nos, profesorado, familias, nenos e nenas e persoal non docente debemos estar contentos e orgullosos da nosa labor.

Quero destacar a forma exemplar en que os vosos fillos e fillas se comportaron neste trimestre, cumprindo e asumindo todas as normas e incomodidades que supuxo o cumprimento dos protocolos.

En nome do Claustro do CPI Curros Enríquez, deséxovos unhas Felices Festas e un ano 2021 cheo de saúde e paz.

A Dirección.

LISTAXE PROVISIONAL DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

ESTIMADAS FAMILIAS:

XA TEMOS A LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS. PODEDES CONSULTALA NO CENTRO EDUCATIVO OU CHAMANDO POR TELÉFONO AO 886110512( RECORDO QUE TODOS AQUELES QUE XA ESTABADES ADMITIDOS NA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR, ESTADES TAMÉN ADMITIDOS NA DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS). EN CASO DE EXCLUSIÓN NESTA LISTAXE, OS AFECTADOS PODERÁN FORMULAR RECLAMACIÓN NOS DOUS DÍAS HÁBILES SEGUINTES A ESTA PUBLICACIÓN.

UN SAÚDO

LIBROS PARA NADAL

Despois de expurgar a nosa biblioteca, queremos seguir dándolle vida a estes libros. A partir de mañá o alumnado, o persoal docente e non docente, poden pasar por aquí e coller o que desexen. 

Visita o blog da biblio para saber máis: A Árbore Sabia

 

 

libros por nadal

 

ACTUALIZACIÓN DE CASOS COVID NO CENTRO

Estimadas familias: 

Hoxe recibimos a comunicación da apertura dun novo expediente por un caso positivo por COVID-19 no centro. 

Procedemos seguindo os protocolos establecidos e as instrucións da Central de Seguimento de Contactos do SERGAS. 

O SERGAS determina que non se xeraron contactos no centro porque o/a alumno/a leva dende hai 10 días sen asistir a clase.

Se non recibistes ningunha chamada do centro nin do SERGAS é porque os vosos fillos non son contactos directos deste caso.

Coma en ocasións anteriores, queremos agradecervos ás familias a responsabilidade e a prudencia coa que estades actuando. 

O centro continúa coa súa actividade normal e manterásevos informados de calquera novidade ó respecto.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

ACTUALIZACIÓN DE CASOS COVID NO CENTRO

Estimadas familias: 

Hoxe recibimos a comunicación da apertura dun novo expediente por un caso positivo por COVID-19 no centro. 

Procedemos seguindo os protocolos establecidos e as instrucións da Central de Seguimento de Contactos do SERGAS. 

O SERGAS determina que non se xeraron contactos no centro porque o/a alumno/a leva dende hai 12 días sen asistir a clase.

Se non recibistes ningunha chamada do centro nin do SERGAS é porque os vosos fillos non son contactos directos no centro deste caso.

Aproveitamos para agradecervos ás familias a sensatez e a prudencia coa que estades actuando, o que permitiu reducir o risco de contaxio no colexio. 

O centro continúa coa súa actividade normal e manterásevos informados de calquera novidade ó respecto.

De novo, moitas grazas pola vosa colaboración. 

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe celebramos o Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero lembrando ás mulleres asasinadas, aos nenos e nenas vítimas mortais e a todos os orfos e orfas vítimas da violencia machista.

Debemos loitar para que sobre os maltratadores caia todo o peso da lei, da xustiza e do rexeitamento social, pois a violencia non pode de ningún xeito ter cabida na nosa sociedade. O FOCO ESTÁ NELES. 

Neste 25 de novembro os que formamos o CPI Curros Enriquez pedímosvos que vos unades ó noso berro: BASTA XA! 

ACTUALIZACIÓN INFORMACIÓN DE CASOS COVID

Estimadas familias: 

Onte pola tarde recibimos a comunicación da apertura de dous novos expedientes por dous casos positivos por COVID-19 no centro. 

Procedemos seguindo os protocolos establecidos e as instrucións da Central de Seguimento de Contactos do SERGAS. 

Pregámosvos prudencia e calma. Nestes casos, como nos casos anteriores, o SERGAS determina que non se xeraron contactos no centro porque levan varios días sen asistir ás clases.

Se non recibistes ningunha chamada do centro nin do SERGAS é porque os vosos fillos non están afectados por estes casos.

O centro continúa coa súa actividade normal e manterásevos informados de calquera novidade ó respecto.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

PARA QUEN?

Para o alumnado de primaria e secundaria (non de infantil) que pertenzan a unha familia con renda per cápita inferior a 6.000€ (O mesmo limiar que para a axuda de material que se solicitou a finais do curso pasado).

Para saber cómo se calcula a renda per cápita e qué membros da familia son computables, consultade a orde da Consellería de Educación que está recollida no arquivo adxunto.

 

ONDE SE PRESENTA?

Na secretaría do centro.

 

CANDO SE PRESENTA?

Entre o 16 e o 27 de novembro ámbolos incluídos.

 

EXENTOS DE PRESENTAR A SOLICITUDE?

Todo o alumnado que obtivo vale para material neste curso, xa que serán directamente beneficiarios da distribución de máscaras.

Distribuir contido


by Dr. Radut