O protocolo de actuación no centro educativo de cara a previr os contaxios segue sendo o mesmo que xa estaba establecido. O que cambia é o procedemento que vai seguir o SERGAS para tratar os posibles casos positivos do alumnado en canto ás corentenas e as probas diagnósticas.
Presentámosvos aquí un resumo para facilitarvos a vosa labor como familias:
Pregunta 1: QUÉ FAGO SE A MIÑA FILLA OU O MEU FILLO TEN SÍNTOMAS COMPATIBLES CON INFECCIÓN POR COVID (DOR DE GARGANTA, TOS, FEBRE,...)?
1. A nena ou neno non deberá acudir ao centro educativo (independentemente de se está vacinado ou non).
2. Debo notificalo ó colexio e contactar co seu pediatra ou médico de familia.
Pregunta 2: QUÉ PASA SE A MIÑA FILLA OU FILLO PRESENTA SÍNTOMAS MENTRAS ESTÁ NO COLEXIO?
1.Chamaranvos dende o centro para que veñades a recollela/o.
2. Deberedes contactar co seu pediatra ou médico de familia. No caso de que fagades un autotest e o resultado sexa positivo podedes seguir o procedemento que se indica na pregunta 3.
Pregunta 3: QUE FACER SE UN AUTOTEST (ANTÍXENOS) DA POSITIVO?
1. Teño que notificarllo ó SERGAS mediante unha destas tres opcións:
A. Cubrir o formulario de autodeclaración de caso sospeitoso:
https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID
B.Chamar ó teléfono 881540045
C. Notificarllo ó centro de saúde.
2. Ademais teño que comunicalo positivo ó centro educativo.
Pregunta 4: CAL VAI SER O PROCEDEMENTO QUE SE VAI SEGUIR COS POSITIVOS E OS CONTACTOS?
En Infantil e Primaria xa non se xerarán contactos estreitos (excepto inmunodeprimidos), a menos que o número de casos na aula sexa 5 ou superior no período dunha semana. Na ESO poden xerarse contactos, pero solo se corentenará ós non vacinados.
Achegamos uns cadros informativos editados pola Consellería: