Skip to Content

UN PETISCO DO NOSO COLE

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 22-23


PRAZO PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN
: Dende o 1 ao 21 de marzo.

As solicitudes de admisión poderán presentarse  tanto de xeito telemático na aplicación ‘AdmisionAlumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) como de xeito presencial nos centros escolares que se elixan como primeira opción.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA: 

- Anexo II

- DNI ou libro de familia do/a alumno/a

- Certificado de convivencia da unidade familiar.

- Sentencia de divorcio /separación, de ser o caso.

- Certificado académico, no caso de proceder doutro centro educativo.

A publicación das listas provisionais de persoas admitidas e non admitidas publicaránse antes do 25 de abril, e as definitivas antes do 15 de maio. Posteriormente abrirase o prazo de fomalización de matrícula, que será do 20 ao 30 de xuño para alumnado de Infantil e Primaria, e do 25 de xuño ao 10 de xullo para o de ESO . 

 

 

MENÚ SEMANA DO 7 Ó 11 DE MARZO DO 2022

MENÚ SEMANA DO 21 Ó 25 DE FEBREIRO DO 2022

MENÚ SEMANA DO 14 Ó 18 DE FEBREIRO DO 2022

INFORMACIÓN NOVO PROTOCOLO COVID-19

O protocolo de actuación no centro educativo de cara a previr os contaxios segue sendo o mesmo que xa estaba establecido. O que cambia é o procedemento que vai seguir o SERGAS para tratar os posibles casos positivos do alumnado en canto ás corentenas e as probas diagnósticas.

Presentámosvos aquí un resumo para facilitarvos a vosa labor como familias:

Pregunta 1: QUÉ FAGO SE A MIÑA FILLA OU O MEU FILLO TEN SÍNTOMAS COMPATIBLES CON INFECCIÓN POR COVID (DOR DE GARGANTA, TOS, FEBRE,...)?

1. A nena ou neno non deberá acudir ao centro educativo (independentemente de se está vacinado ou non).

2. Debo notificalo ó colexio e contactar co seu pediatra ou médico de familia.

Pregunta 2: QUÉ PASA SE A MIÑA FILLA OU FILLO PRESENTA SÍNTOMAS MENTRAS ESTÁ NO COLEXIO?

1.Chamaranvos dende o centro para que veñades a recollela/o.

2. Deberedes contactar co seu pediatra ou médico de familia. No caso de que fagades un autotest e o resultado sexa positivo podedes seguir o procedemento que se indica na pregunta 3.

 Pregunta 3: QUE FACER SE UN AUTOTEST (ANTÍXENOS) DA POSITIVO?

1. Teño que notificarllo ó SERGAS mediante unha destas tres opcións:

A. Cubrir o formulario de autodeclaración de caso sospeitoso:

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID

B.Chamar ó teléfono 881540045

C. Notificarllo ó centro de saúde.

2. Ademais teño que comunicalo positivo ó centro educativo.

Pregunta 4: CAL VAI SER O PROCEDEMENTO QUE SE VAI SEGUIR COS POSITIVOS E OS CONTACTOS?

En Infantil e Primaria xa non se xerarán contactos estreitos (excepto inmunodeprimidos), a menos que o número de casos na aula sexa 5 ou superior no período dunha semana. Na ESO poden xerarse contactos, pero solo se corentenará ós non vacinados.

Achegamos uns cadros informativos editados pola Consellería:

Infantil e Primaria

 

MENÚ SEMANA DO 7 Ó 11 DE FEBREIRO DO 2022

MENÚ SEMANA DO 17 Ó 21 DE XANEIRO DO 2022

MENÚ SEMANA DO 10 Ó 14 DE XANEIRO DO 2022

Distribuir contido


by Dr. Radut