Skip to Content

PLAN MADRUGA 2020/2021

Estimadas familias:

O vindeiro curso 2020/2021 pretendemos por en marcha o servizo de atención ó alumnado pola mañán, no horario previo ó inicio das clases (Plan Madruga). Este servizo será organizado pola ANPA do centro, e necesitan saber cántas familias estarían interesadas no mesmo. No arquivo que vos adxuntamos tedes toda a información, pero ante calquera dúbida ou consulta, poderedes contactar do seguinte modo:

ANPA: 672039998 (Presidenta) / anpacurros@gmail.com

Centro: 886110501 / 886110512 / cpi.curros.enriquez.pazos@edu.xunta.gal

Moitas grazas pola vosa colaboración.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO 2020-2021

Xa podedes consultar as listaxes de libros de texto para o curso 2020-2021 nos seguintes enlaces. 

REMATE DO CURSO 2019/2020

Estimadas familias:

Rematou este curso 2019/2020, que nos trouxo un último trimestre inesperado, cargado de incertidume, de preocupación e de situacións novas para toda a comunidade educativa.

Compaxinar o confinamento co traballo e coas actividades do cole dos fillos non foi unha tarefa sinxela, como tampouco o foi montar de un día para outro un sitema educativo a distancia. Toda a comunidade educativa arrimamos o ombreiro para saír adiante. Queremos agradecervos a vosa colaboración e comprensión.

Agradecemos tamén a colaboración do Concello, da ANPA e da Garda Civil de Fornelos de Montes pola súa colaboración durante esta difícil situación.

Non sabemos qué vai a ocorrer en setembro co inicio do novo curso 2020/2021, pero o que si sabemos é que a unión de toda a comunidade educativa (familias, profesorado, persoal non docente e administracións públicas) é a ferramenta máis importante para garantir o benestar, a saúde e a educación dos nosos nenos e nenas.

Bo verán e unha aperta.

O Claustro do CPI Curros Enriquez.

INSTRUCIÓNS FAMILIAS ALUMNADO ESO. FIN DE CURSO 2019/2020

ENTREGA DE BOLETÍNS E MATERIAL ALUMNADO ESO: 25 DE XUÑO DE 2020, no horario que se indica no arquivo adxunto.

 

DÚBIDAS E CONSULTAS: 886110501 / 886110512 / cpi.curros.enriquez.pazos@edu.xunta.gal

INSTRUCIÓNS FAMILIAS INFANTIL E PRIMARIA. FIN DE CURSO 2019/2020

Estimadas familias:

Co fin de coidar da saúde de todos, organizamos un horario repartido en dous días (XOVES 18 E VENRES 19) para que veñades ó centro a buscar os boletíns de notas dos vosos fillos e fillas, recoller o material que deixaron na aula e devolver o material do centro (libros de texto no caso de 3º e 4º, libros de biblioteca e ordenadores portátiles).

Podedes ver o día e horario que vos corresponde no documento adxunto. Podedes consultar as dúbidas que teñades cos vosos titores e titoras.

Aproveito a ocasión para lembrarvos que o prazo para solicitar as axudas para libros de texto e material escolar remata este venres 19. Aínda hai familias que non fixeron esta solicitude.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

A Dirección.

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Qué tipos de axudas poden solicitar para os seus fillos/as dependendo do curso no que estean matriculados no 2020/2021?:

AXUDAS LIBROS E MATERIAL

PARA DÚBIDAS E CONSULTAS: 886110512 (de 10:00h a 13:30h)

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL CURSO 2020/2021

Xa poden solicitar as axudas de libros e material para o vindeiro curso. Estas solicitudes poden facerse por vía telemática ou presencial.

Para os que escollan a vía presencial, establecemos un protocolo para poder atendelos con garantías de seguridade sanitaria.

Para elo elaboramos un calendario de atención repartido por cursos para que non coincidan todas as familias á vez. O día que cada familia terá que vir, será o que lle corresponda ó curso que fará o seu fillo o ano que ven. As familias que teñan máis dun fillo poderán elexir o día de entre os que lle correspondan.

1. NORMATIVA: https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros
2. PRAZO: dende o 20 de maio ó 19 de xuño
3. PRESENTACIÓN:para ver as instrucións de presentación prema no documento adxunto.

PARA CONSULTAR DÚBIDAS: 886110512 (de 10:00h a 13:30h)

RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020/2021

Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado novo no centro, procedemento que foi interrumpido cando se declarou o estado de alarma. Dito procedemento reiniciarase o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

Para garantir a seguridade sanitaria de todos, elaboramos un protocolo para atender ás familias que veñan realizar xestións ó centro.

IMPORTANTE: Este procedemento solo se aplica ó alumnado novo no centro. Os alumnos e alumnas matriculados xa neste centro non teñen que realizar esta xestión.

 

RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO NOVO NO CENTRO PARA O CURSO 2020-21.

PROTOCOLO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS.

 

  • PRAZO: dende o día 11 ata 18 de maio (ambos inclusive).
  • DÚAS OPCIÓNS PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES:
      1. Vía online en: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/#
      2. Presencialmente, no propio centro, con cita previa. Cómo solicitar a cita previa:
          •  Chamando por teléfono: 886110512 (en horario de 9:30-13:30 h. de luns a venres)

 

CANDO ACUDAN Ó CENTRO:

  • O centro disporá medidas para garantir a seguridade das familias e do propio persoal do centro. Sería conveniente que acudisen provistos de         mascarilla, se é posible.
  • Accederá ó centro unha soa persoa por familia.
  • Deberán acceder polo portal motorizado situado fronte ó centro de saúde, pulsando no timbre para que se lles abra.
  • No patio de columnas da entrada do centro atoparán unha mesa con hidroxel para desinfectar as mans antes e despois de realizar a xestión.
  • O persoal do centro atenderá ás familias pola fiestra da Secretaría que da ó patio. Salvo indicación expresa do persoal do centro, non se pode acceder ó interior do edificio.

OUTROS ASPECTOS IMPORTANTES

  • Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño.
  • Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido: antes do 26 de xuño.
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
  • Formalización da matrícula ordinaria na ESO: do 1 ao 10 xullo.
  • Prazo extraordinario na ESO: do 1 ao 10 de setembro.

 

RESOLUCIÓN DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL DO 7 DE MAIO DE 2020 SOBRE O RESTABLECEMENTO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DO 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL, EDUCACIÓN PRIMARIA, EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E BACHARELATO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2020/2021

2 DE MAIO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Traballar para eliminar o acoso escolar e a violencia en xeral é traballo de toda a comunidade educativa. Cando dende a escola e a familia se estimulan nos nenos e nenas os valores sociais e morais positivos (paz, igualdade, solidaridade, diálogo, tolerancia, empatía...), a probabilidade de que apareza unha conducta violenta diminúe drásticamente.

Só coa implicación de toda a comunidade conseguiremos eliminar a violencia nas aulas e na sociedade na que vivimos.

TODAS AS TAREFAS XUNTAS NA AULA VIRTUAL DO CENTRO (INFANTIL E PRIMARIA)

Estimadas familias:

Para facilitarvos o acceso ás tarefas dos vosos fillos e fillas, recopilamos toda a información de cada materia na aula virtual, de modo que poderedes atopar todos os enlaces nun mesmo espacio. Aínda así, podedes escoller acceder dende a aula virtual ou acceder co método que estabades usando ata o de agora.

Para acceder á aula virtual do centro deberedes facer o seguinte:

1. ACCEDER Á PÁXINA WEB DO CENTRO: https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicurrosenriquezpazos/

2. PINCHAR SOBRE O ACCESO Á AULA VIRTUAL (ESQUINA SUPERIOR DO LADO DEREITO):

ACCESO AULA VIRTUAL

3. PINCHAR SOBRE O ENLACE A INFANTIL E PRIMARIA, TAL COMO SE MOSTRA NA IMAXE:

  

4. PINCHAR SOBRE CADA UN DOS ENLACES DAS DISTINTAS MATERIAS PARA ACCEDER ÁS TAREFAS:

 

 

LEMBRADE CONTACTAR COS VOSOS TITORES OU TITORAS SE ATOPADES ALGUNHA DIFICULTADE.

Grazas pola vosa colaboración.

Distribuir contido


by Dr. Radut