Eventos
Neste día os alumnos de 5º, 6º de primaria e 1º, 2º da ESO pasaremos unha xornada na cidade da Coruña.
As visitas están programadas da seguinte maneira:
-11:30 Acuario (aproveitaremos para comer na cantina)
-15:00 Casa das Ciencias (Salas de Exposicións)
-16:00 Casa das Ciencias (sesión de Planetario)
O comedor do cole, como de costume encargarase de mandar bocadillos, bebida e froita para todo o que queira.
A chegada ao cole será sobre as 19:00 aproximadamente.
ATA PRÓXIMO AVISO ESTA ACTIVIDADE QUEDA APRAZADA
Este día os nenos e nenas de EI e EP ,xuntamente con EEI Nespereira e ASPAVI, pasaremos unha xornada dedicada á plantación de árbores autóctonas.
Antes de volver ao cole sobre as 13:00 h,a comunidade de montes convidaranos a uns petiscos na casa do pobo
Charlas impartidas por profesionais da Garda Civil.
1º e 2º da ESO: Acoso e ciberacoso.
3º e 4º da ESO: Violencia sobre a muller.
Os alumnos de francés farán un intercambio con franceses do 4 ao 11 de Abril.
Os alumnos de 3º e 4º da ESO asistiran a feira de educación que se celebrará en Mos. Trátase de que obteñan información sobre as posibles saídas profesionais, tanto en ciclos formativos como en carreiras universitarias.
Visita cos franceses ao castelo de Soutomaior, interiores e xardíns.
Todo a ESO visitará as Illas Cies, acompañados dos alumnos franceses de intercambio.
O alumnado de 3º e 4º da ESO máis os alumnos de Francia farán unha visita as Termas de Outariz e a cidade de Ourense.
Os alumn@s de E.I. conxuntamente cos compis da EEI OUTEIRO NESPEREIRA, pasaremos unha xornada en Pontevedra chea de actividades.
Primeiramente ás 10:45 visitaremos O MUSEO e participaremos nun obradoiro "A BRUXA DE CORES" donde a protagonista do relato, que se alimenta de cores, traballará a educación emocional.
Despois da merenda achegarémonos ata AFUNDACIÓN para asistir a unha sesión de teatro "PINGÚIN" .Obra de teatro que conta a historia dun neno que ten que compartir o agarimo e a atención da súa familia cun novo irmán que chega.
![Events at <em>CPI Curros Enríquez</em> Distribuir contido](/centros/cpicurrosenriquezpazos/misc/feed.png)