19/03/2024 15:52
Europe/Madrid
Neste día os alumnos de 5º, 6º de primaria e 1º, 2º da ESO pasaremos unha xornada na cidade da Coruña.
As visitas están programadas da seguinte maneira:
-11:30 Acuario (aproveitaremos para comer na cantina)
-15:00 Casa das Ciencias (Salas de Exposicións)
-16:00 Casa das Ciencias (sesión de Planetario)
O comedor do cole, como de costume encargarase de mandar bocadillos, bebida e froita para todo o que queira.
A chegada ao cole será sobre as 19:00 aproximadamente.