Skip to Content

UNHA MAÑÁN EN PONTEVEDRA

17/04/2024 12:21
Europe/Madrid

Os alumn@s de E.I. conxuntamente cos compis da EEI  OUTEIRO NESPEREIRA, pasaremos unha xornada en Pontevedra chea de actividades.

Primeiramente ás 10:45 visitaremos O MUSEO  e participaremos nun obradoiro "A BRUXA DE CORES" donde a protagonista do relato, que se alimenta de cores, traballará a educación emocional.

Despois da merenda achegarémonos ata   AFUNDACIÓN para asistir a unha sesión de teatro "PINGÚIN" .Obra de teatro que conta a historia dun neno que ten que compartir o agarimo e a atención da súa familia cun novo irmán que chega.

Voltaremos para o cole ás 13:30 horas aproximadamente.



event | by Dr. Radut