Skip to Content

5º Infantil

5º Infantil

BINGO

Bos días rapaces! A profe Isa mándavos a canción de BINGO para que non esquezades o seu baile. JUMP, JUMP, JUMP.  SEE YOU SOON.

 

 

CAZAMOS SERPES E MARIPOSAS

 

Ola amigos! A profe Fátima deixouvos un xogo para discriminar o son S e Z. Agardamos que vos guste. Copiade e pegade o seguinte enlace no navegador para poder acceder ao xogo.

https://ptealcpicernadasdecastro.blogspot.com/2020/04/cazamos-serpes-e-moscas_28.html

FACEMOS MAXIA

Boas familias! Comezamos a semana dunha forma lúdica, divertida e máxica.  Deixámosvos un conto cheo de sorpresas,  o seu título é "Un libro" da editorial Kókinos, o seu autor é Hervé Tullet. Quen quere convertirse en mago?

 

 

 

CANCIÓNS EN INGLÉS

Ola rapaces! A profe Isa mándavos unha canción para que poidades cantar e bailar na punta do pé. Agardamos que vos guste.

ACTIVIDADE PARA ESTIMULAR A LINGUAXE E TRABALLAR CO RAZOAMENTO

Ola rapaces! A profe Fátima deixouvos un xogo divertido. Quen se apunta á xogar?

  • En cada liña de debuxos , hai un que sobra... cal será? Razoamento lóxico e categorización.

MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS

Bos días familias! Esta semana traballamos as matemáticas de forma divertida, significativa e manipulativa. Quen se apunta?. Clasificamos calcetíns, animais, facemos xogos de simetría, experiencias de flotabilidade...

BINGO MOSTRUOSO

Boa tarde familias! Quen se apunta á xogar ao bingo monstruoso? Unha boa opción de pasar unha tarde entretida en familia é xogar ao bingo. Deixámosvos un bingo de samaín que podedes descargar, como fichas podedes empregar fabas, garavanzos, caramelos... Lembrade  que o gañador quedará con tódolos caramelos, fabas ....

CANCIÓN CORRE, CORRE CABACIÑA

Bos días familias! Queremos compartir con vós a canción do conto  CORRE, CORRE CABACIÑA. Despois de cantala e bailala, invitámosvos a que fagades o puzzle da cabaciña. Podedes ver a canción e o puzzle nos seguintes enlaces: 

 

http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos/Ana/LIM/SAMAIN/samain.html

Distribuir contido


by Dr. Radut