blogue desusana.sueiro |
Ola rapaces! Deixámosvos un conto sobre un polbo chamado Octavio titulado " Non quero ser un Polbo" da editorial OQO e escrito e ilustrado por Francesca Chessa.Está contado pola Escola infantil de Tui. Nel atoparedes diversos animais do mundo mariño. Agardamos que vos guste. Está contado.
|
|||
BOA TARDE RAPACES! XA SABEMOS QUE VOS ENCANTAN OS GOLFIÑOS, POIS PARA SABER UN POUCO MÁIS SOBRES ESTES FERMOSOS E XOGUETÓNS ANIMAIS DO MUNDO MARIÑO DEIXÁMOSVOS O SEGUINTE VÍDEO. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE. |
|||
Ola rapaces! Por fin chegou a primavera e que mellor forma de festexalo que escoitando " A primavera" de Vivaldi. Podedes debuxar nun papel o que vos suxire esta gran obra artística. Agardamos que a desfrutedes |
|||
Boas rapaces! O vindeiro 30 de xaneiro é o DÍA DA PAZ, polo que vos deixamos un fermoso conto titulado "WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ" contado polos alumnos do Cpi Mosteiro-Meis, a súa autora é Jeanette Winter e a editorial Ekaré. Agardamos que vos guste esta fermosa historia protagonizada por Wangari no MONTE KEKIA en África. |
|||
Ola artistas! Xa sabesdes que a Kandinsky lle gustaba moito pintar escoitando música clásica e en especial escoitar ao compositor alemán RICHARD WAGNER. Deixámosvos aquí a CABALGATA DAS VALKIRIAS composta por este artista e interpretada pola Orqueta Sinfónica de Galicia. Agardamos que vos guste como lle gustaba a Kandinsky.
|
|||
OLA RAPACES! A PROPOSTA DE HOXE É QUE VEXADES ESTE FERMOSO CONTO TITULADO " GARABATO E TINTA. O CONCURSO ". AUTOR ETHAN LONG. EDITORIAL LATA DE SAL. COMPROBAREDES O IMORTANTE QUE É O VALOR DA AMIZADE E APRENDER A COOPERAR. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE AMIGOS. |
|||
Boas tardes rapaces! Comezamos a semana presentándovos a un artista ao que tamén lle gustaba moito xogar coas cores e pintar escoitando música clásica, chámase WASSILY KANDINSKY. Para saber máis observade o vídeo que vos deixamos a continuación. Agardamos que vos guste. |
|||
BO DÍA ARTISTAS! SEGUIMOS XOGANDO COAS CORES. A PROPOSTA DE HOXE É CANTAR E BAILAR A CANCIÓN QUE APARECE A CONTINUACIÓN. DESPEDIMOS A SEMANA AO RITMO DAS CORES. |
|||
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »