Skip to Content

5º Infantil

5º Infantil

CANCIÓN DE DINOSAURIO

Ola rapaces! Xa chega a fin de semana, deixámosvos unha canción para que bailedes e cantedes en familia. Hai que mover as partes do corpo ao ritmo de DINOSAUR. PREPARADOS, LISTOS, XAAAAAAAA!

 

 

XOGAMOS AO TWISTER

Ola rapaces! Coñecedes o TWISTER, animádesvos a pasar unha tarde de xogos en familia?. Invitámosvos a que elaboredes dito xogo. Só necesitades uns folios de cor branca, ceras brandas, rotuladores ou témperas de cores para debuxar e pintar os círculos de cores. Unha vez que teñades o xogo creado xa estades preparados para desfrutar do mesmo. Deixámosvos un vídeo onde podedes observar como se xoga.

PARA SABER MÁIS DO OSO POLAR

Ola de novo rapaces! Aquí podedes ver un vídeo con máis curiosidades sobre  as características dos osos polares e o seu hábitat.

 

 

 

CURIOSIDADES DO OSO POLAR

Bos días rapaces! Gustouvos a canción da cor do osiño polar?. Estades seguros de que son de cor branca?. Déixovos un enlace con información interensante sobre os osos polares. Sabedes que teñen a lingua azul e que non beben auga. Pinchade no enlace para descubrir  máis curiosidades sobre estes animais. Por certo, onde vivirán?

https://www.greenpeace.org/colombia/blog/issues/climayenergia/10-datos-sorprendentes-sobre-los-osos-polares/

 

 

A COR DO OSIÑO POLAR

Bo día rapaces! Hoxe toca bailar, cantar e desfrutar coa canción "A COR DO OSIÑO POLAR". Podemos xogar coas cores, collendo e/ou identificando un obxecto que teñamos pola casa que sexa da cor mencionada na canción. Despois de escoitala podemos facer un debuxo da mesma, do osiño polar poñéndoo moi guapo, podemos empregar diferentes materias plásticos que teñemos á man, rotuladores, ceras brandas, acuarelas... . Agardamos que desfrutedes da actividade.

 

 

UNHA CARAPUCHIÑA VERMELLA

Bos días rapaces! Invitámosvos a que vexades o conto " Una caperucita roja". Desfrutade moito do mesmo. Quen lle ten medo ao lobo?

 

CONTO POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA

Boas tardes familias! Xa chega a fin de semana, polo que vos propoñemos un conto moi especial para que vexades en familia. Ollo amigos! Debedes estar moi atentos á marabillosa historia que nos conta este conto.

 

Gustouvos? A que sí! É unha fermosa historia. Que lle pasaba á cadradiño?. Estaba triste ou contento?. Por que estaba triste?. Como conseguiron solucionar o problema?

EXPERIMENTAMOS, MANIPULAMOS E PENSAMOS.

Bos días rapaces! Estamos no outono, é tempo de cabazas, castañas, avelás, noces, améndoas...  A nosa proposta é que recollades nun cesto diversos froitos do outono para que despois xoguedes con eles, os manipuledes, experimentedes , observedes as súas características. Podedes  clasificalos polo tamaño, cor, forma, textura...Tamén podedes facer diversas series como aparecen na imaxe. Imos darlle voltas á cabeciña e deixar voar a nosa imaxinación.

 

 

EXPERIMENTAMOS, MANIPULAMOS E PENSAMOS.
Distribuir contido


by Dr. Radut