[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47

Biblioteca

OBRADOIRO DE CÓMIC CON ALFONSO BARREIRO

O escritor Alfonso Barreiro, Fon, veu ao CPI Cernadas de Castro a impartir un obradoiro de cómic aos estudantes dos niveis superiores de Educación Primaria e aos alumnos e alumnas de Educación Secundaria Obrigatoria. Alí presentoulles "Curuxa, a voz de Azazel", que é o seu primeiro cómic publicado. Nel conta a historia de Curuxa, unha bruxa noviña que trata de recuperar as voces roubadas por outras feiticeiras. Esta historia fainos ver como axudándonos uns a outros conseguimos vencer as dificultades.

Foi unha actividade dinámica, divertida e sen dúbida, moi enriquecedora. ¡Grazas, Fon!

 Obradoiro de cómic

Podes ver imaxes da actividade aquí.

EXPOSICIÓN DE MAQUETAS: "AS CÉLULAS EUCARIOTAS"

Os alumnos e alumnas de 5ºA de Educación Primaria realizaron cadansúas maquetas das células animais e vexetais e expuxeron o seu traballo na Biblioteca. Convidaron aos rapaces e rapazas de cuarto de Educación Primaria para compartir con eles o que aprenderon e aproveitaron para ensinarlles algúns dos fondos documentais que poden atopar na nosa Bibilioteca que falan sobre as células. Foi a súa primeira exposición oral ante compañeiros e compañeiras doutras clases e, aínda que estaban algo nerviosos, fixeron un traballo realmente magnífico.

Exposición células

Podes ver as imaxes da exposición aquí.

ANDREA MACEIRAS VISITA O NOSO CPI

Onte tivemos a sorte de que nos visitara unha das escritoras galegas actuais máis senlleiras : ANDREA MACEIRAS.

Conversou co alumnado de 4ºESO sobre a súa novela O que sei do silencio, e deulle interesantes consellos sobre lecturas.

Moitas grazas, Andrea, por vires ao Cernadas de Castro. 

          

 

 

 

 

 

 

XOGO: "UN LIBRO NUN TARRO"

 Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria participaron no xogo "Un libro nun tarro" na Biblioteca do colexio durante o recreo. O obxectivo consistía en adiviñar, o máis rapidamente posible, o título e o autor do libro que estaba dentro do tarro. Resultou ser unha actividade divertida na que se animaron a participar moitos dos rapaces e rapazas que cada día se achegan á Biblioteca.

Un libro nun tarro 1

 

Un libro nun tarro 2

Un libro nun tarro 3

Un libro nun tarro 4

¡¡¡NOVIDADES!!!

novidades

E por fin chega decembro... ¡cargadiño de novidades!

Achégate á Biblioteca e desfruta lendo as últimas adquisicións.

E se non podes esperar ata o luns para ver que imos presentar... ¡bótalle un vistazo ao vídeo adxunto!

(¡Grazas, axudantes! Guiño)

EXPOSICIÓN DE LIBROS SOBRE IGUALDADE DE XÉNERO: "LIBROS POLA IGUALDADE"

Dende a Biblioteca conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, celebrado o 25 de novembro, cunha exposición de libros, para todas as idades, que nos invitan a abordar a problemática da desigualdade de xénero dende distintas perspectivas.

Velaquí unha pequena mostra fotográfica da exposición.

exposición igualdade de xénero

exposición igualdade de xénero

exposición igualdade de xénero

EXPOSICIÓN DE LIBROS DE AVENTURAS

Na nosa Biblioteca contamos con moitos libros de aventuras e quixemos dar a coñecer algunhas das adaptacións de grandes clásicos da literatura deste xénero a través dunha pequena mostra de libros.

exposición aventuras

exposición aventuras

EXPOSICIÓN DE LIBROS DE TERROR: "UNHA BIBLIOTECA DE MEDO"

A nosa Biblioteca únese á celebración do Samaín ofrecendo a todo o alumnado unha exposición de libros de terror.

Achégate a botarlle unha ollada ou a levar algún libro para a casa.

¿Atréveste?

Exposición de libros de terror

Se queres ver algunha foto da exposición, fai click aquí.

Distribuir contido