4º ESO |
O martes 6 de xuño J. M. Outeiral xunto con tres voluntarias do equipo de Voluntariado do Concello de Lousame ofreceron unha charla no noso cento escolar ao alumnado de Valores Éticos de 4º de ESO. En dita charla explicaron as distintas opcións de voluntariado que se ofertan dende o Concello á xuventurde maior de dezaséis anos, así como as distintas actividades nas que poden participar e ofrecer a súa axuda. Dende o noso centro escolar dámoslles as nosas mais sinxelas grazas por compartir estas experiencias con nós!!
|
|||
Clica na imaxe seguinte para acceder á 2ª entrega da Revista de Historia elaborada polo alumnado de 4º ESO. Grazas por seguirnos!!
|
|||
|
|||
Os alumnos de 4º ESO de Cultura Científica co Departamento de Bioloxía organizaron unhas charlas moi didácticas sobre reciclaxe para os alumnos de Infantil e Primaria . |
|||
O CONTRATO PROGRAMA DESTE CURSO BASEOUSE NO USO AXEITADO DA SEPARACIÓN DOS RESIDUOS CON DISTINTAS ACTIVIDADES :CHARLAS DIVULGATIVAS ,APRENDIZAXE DO USO DO COMPOSTEIRO E OBTENCIÓN DE ABONO PARA O USO DO HORTO ESCOLAR.
ESTAS SON IMAXES DAS CHARLAS QUE IMPARTIRON AS ALUMNAS E ALUMNOS DE 4º ESO DE CULTURA CIENTÍFICA:
Os alumnos de 1º ESO foron os encargados do coidado do horto escolar coa plantación de distintas hortalizas
|
|||
Os alumnos e alumnas do 4º da ESO están participando do festival de clipmetrajes de manos unidas. Vexa o vídeo "Rompe con esta idea" neste enlace
|
|||
Onte tivemos a sorte de que nos visitara unha das escritoras galegas actuais máis senlleiras : ANDREA MACEIRAS. Conversou co alumnado de 4ºESO sobre a súa novela O que sei do silencio, e deulle interesantes consellos sobre lecturas. Moitas grazas, Andrea, por vires ao Cernadas de Castro.
|
|||||||
Un ano máis, dentro do Proxecto Ríos, e no seo das materias de Bioloxía e Xeoloxía, e Xeografía e Historia, o alumnado de 1º da ESO participou no Proxecto, traballando interdisciplinarmente estas materias, e realizando baixadas ó propio río segundo as necesidades do material traballado. Mostramos imaxes da baixada na que recollémolo lixo da ribeira do río, posto que en baixadas anteriores para facer diferentes medicións e traballo de campo, decatámonos de que a marxe esquerda do río estaba realmente moi chea de lixo. 4º ESO : continúa facendo as súas medidas da calidade físico-química da auga ,estudo de flora e fauna.Esta corresponde a baixada de primaveira. Traballos recopilatorios do estudo do ecosistema fluvial.
|
|||