Grupos ordinarios |
O xoves 21 de febreiro os alumnos de 1º de ESO e os de 4º de ESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía realizaron un estudo da zona intermareal
Estudaron in situ animais invertebrados e algas
E tiveron a sorte de ver cormoráns coma este:
|
|||
Celebramos o Día de Rosalía de Castro coa audición de poemas da padronesa interpretados pola soprano de orixe lousamiá, Esperanza Mara.
Asistiron os alumnos de 6º de primaria e 1º e 2º de ESO. Algúns deles homenaxearon a nosa poeta lendo poemas seus. .
Á sesión fomos convidados polo concello de Lousame. Moitas grazas!!! |
|||
Os alumnos e alumnas do 4º da ESO están participando do festival de clipmetrajes de manos unidas. Vexa o vídeo "Rompe con esta idea" neste enlace
|
|||
Onte tivemos a sorte de que nos visitara unha das escritoras galegas actuais máis senlleiras : ANDREA MACEIRAS. Conversou co alumnado de 4ºESO sobre a súa novela O que sei do silencio, e deulle interesantes consellos sobre lecturas. Moitas grazas, Andrea, por vires ao Cernadas de Castro.
|
|||||||
O último día 31 de outubro celebramos o Samaín, unha das tradicións máis antigas que data xa da época dos celtas. Cabazas, pasillos e aulas, todo adornado con moita creatividade e orixinalidade transportáronnos á noite do Samaín, mantendo viva esta tradición.
Pincha para ver os vencedores do concurso de cabazas |
|||
Un ano máis, dentro do Proxecto Ríos, e no seo das materias de Bioloxía e Xeoloxía, e Xeografía e Historia, o alumnado de 1º da ESO participou no Proxecto, traballando interdisciplinarmente estas materias, e realizando baixadas ó propio río segundo as necesidades do material traballado. Mostramos imaxes da baixada na que recollémolo lixo da ribeira do río, posto que en baixadas anteriores para facer diferentes medicións e traballo de campo, decatámonos de que a marxe esquerda do río estaba realmente moi chea de lixo. 4º ESO : continúa facendo as súas medidas da calidade físico-química da auga ,estudo de flora e fauna.Esta corresponde a baixada de primaveira. Traballos recopilatorios do estudo do ecosistema fluvial.
|
|||
O alumnado de 1º de ESO ven de gozar da visita á Fundación Manolo Paz, fundación dedicada á obra do escultor cambadés na que tamén se atopa o taller do artista. http://www.fundacionmanolopaz.gal/
A visita, organizada polo departamento de Educación Plástica, Visual e Audiovisual está enmarcada dentro do programa educativo EDUMOTIVACON da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. |
|||
Con motivo da viaxe a Cantabria do alumnado de 3º de ESO, estivéronse facendo na aula traballos previos con mapas topográficos dos lugares a visitar, así como o traballo coas diferentes escalas e medicións, a través da páxina web do Instituto Xeográfico Nacional, e cos perfís topográficos sacados a partires dos diferentes mapas.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »