5ºB |
O alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria participou nun concurso de banda deseñada, presentando as súas creacións máis orixinais e divertidas. Velaquí as fotos dos gañadores.
|
|||
O alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria participou nun concurso de poesía, presentando as súas creacións máis fermosas e orixinais. Velaquí as fotos dos gañadores. |
|||
Durante este curso, ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria propúxoselle un itinerario lector cun formato lúdico: o Libropoly. O reto consiste en ler e realizar fichas de lectura (e, voluntariamente, tamén vídeo-reseñas) de vinte libros previamente seleccionados e expostos nun gran taboleiro que emula o clásico taboleiro do xogo Monopoly. |
|||
Os alumnos e alumnas dos cursos superiores de Educación Primaria apadriñaron e amadriñaron ao alumnado de Educación Infantil, xuntándose mensualmente nun recreo para desfrutar de momentos de lectura tan entrañables coma os que podedes ver nas imaxes a continuación. |
|||
Para celebrar o día do libro o alumnado de 6º e 6º fixeron unha lectura dunha versión adaptada de Don Quijote de la Mancha.
|
|||
Día de convivencia en Naturmaz onde todo o alumnado participou nas distintas actividades ofertadas. Realizaron actividades como: tiro con arco, escalada, busca do tesouro... Para poder realizar algunha das actividades era necesario o traballo en equipo, para así conseguir o obxectivo marcado.
|
|||
Despois de ler unha morea de libros durante todo o curso e facer as fichas de lectura e/ou vídeo-reseñas deles, de participar nos certames literarios e incluso, algúns deles, de superar o ambicioso reto do Libropoly, o alumnado dos cursos superiores de Educación Primaria desfrutaron enormemente da Tómbola Lectora.
|
|||
Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria participaron no xogo "Un libro nun tarro" na Biblioteca do colexio durante o recreo. O obxectivo consistía en adiviñar, o máis rapidamente posible, o título e o autor do libro que estaba dentro do tarro. Resultou ser unha actividade divertida na que se animaron a participar moitos dos rapaces e rapazas que cada día se achegan á Biblioteca.
|
|||
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »