4ºB |
Os alumnos e alumnas de 5ºA de Educación Primaria realizaron cadansúas maquetas das células eucariotas animais e vexetais e expuxeron o seu traballo na Biblioteca. Convidaron aos rapaces e rapazas de cuarto de Educación Primaria para compartir con eles o que aprenderon e aproveitaron para ensinarlles algúns dos fondos documentais que poden atopar na nosa Bibilioteca que falan sobre as células. Podes ver as imaxes da exposición aquí. |
|||
Os alumnos e alumnas dos cursos superiores de Educación Primaria apadriñaron e amadriñaron ao alumnado de Educación Infantil, xuntándose mensualmente nun recreo para desfrutar de momentos de lectura tan entrañables coma os que podedes ver nas imaxes a continuación. |
|||
Os alumnos e alumnas de 5ºA de Educación Primaria realizaron cadansúas maquetas das células animais e vexetais e expuxeron o seu traballo na Biblioteca. Convidaron aos rapaces e rapazas de cuarto de Educación Primaria para compartir con eles o que aprenderon e aproveitaron para ensinarlles algúns dos fondos documentais que poden atopar na nosa Bibilioteca que falan sobre as células. Foi a súa primeira exposición oral ante compañeiros e compañeiras doutras clases e, aínda que estaban algo nerviosos, fixeron un traballo realmente magnífico.
Podes ver as imaxes da exposición aquí. |
|||
With this activity we use the active structures and vocabulary in English and enjoy a lot. |
|||
Os rapaces e rapazas de 4ºB fixemos un traballo de investigación sobre distintos monumentos recoñecidos a nivel mundial. Buscamos datos interesantes e curiosidades, logo fixemos un traballo de redacción deses datos para posteriormente expoñerllo aos nosos compañeiros e finalmente recollimos todo nun libro que estará a disposición de quen o queira consultar na biblioteca do centro.
|
|||
Co gallo da celebración do Día do Libro, os rapaces e rapazas de 4ºB fixemos unha adaptación do famoso conto "O Galo Kirico" empregando aqueles recursos poéticos que estamos aprendendo; paralelismo, rima, ritmo, metáfora... para logo representarllo aos compañeiros e compañeiras de segundo curso. |
|||
|
|||
|
|||