3ºB |
Os alumnos de 3ºB estiveron experimentando as propiedades de distintos materiais. Un dos experimentos que fixemos foi o de preparar nun plato leite e colorante e averiguar que pasaba si lle poñíamos xabón quitagrasas... Os resultados non deixaron a ninguén indiferente!! Pasámolo xenial!!
|
|||
Aproveitando que o alumnado de 3ºB estaba estudando as diferentes propiedades dos materiais, decidimos investigar acerca da elaboración do papel e da súa reciclaxe. Como a mellor forma de aprender é experimentando, decidimos reciclar nós memos o papel que tíñamos na clase para reciclar. Foi unha experiencia moi lúdica e súper divertida. Este foi o resultado...
|
|||
En 3ºB traballamos sobre a nosa historia persoal facendo unha liña do tempo. Para elo fomos sinalando as datas importantes dende que nacemos e representámolas con debuxos, fotografías... Finalmente expuxémolas diante dos nosos compañeiros.
|
|||
Experimento "Mans sucias, mans limpas" Os alumnos de 3ºB de Educación Primaria investigamos acerca da importancia da hixiéne diaria das nosas mans. Para elo levamos a cabo o seguinte experimento: Collemos unha mazá e partímola en dous trozos. Un deses trozos tocámolo despois de lavar concienzudamente as mans e metémolo nun dos tarros coa etiqueta de "Mans limpas". A outra parte da mazá tocámola coas mans despois de vir do patio para, a continuación, metela no segundo tarro coa etiqueta de "Mans sucias". Os días sucesivos fomos anotando os cambios que ocorrían nas dúas metades das mazás e pudemos observar que na mazá que tocáramos coas mans sucias tiña peor pinta e medraban fungos con máis facilidade que na outra. Con este experimento descubrimos que nas mans temos moitas bacterias e que as transmitimos a aquelo que tocamos, de aí a necesidade de manter unha boa hixiene. |
|||
O mércores 20 de xuño a nai dos nosos compañeiros Lena e Nuno veu ao cole a contar dous contos: Nadarín e Paco. Foi un momento máxico. |
|||
Neste pequeno vídeo podedes ver como calcularon a capacidade de diferentes recipintes. Apreciamos como o traballo práctico sempre nos deixa uns resultados fenomenais. Parabéns a estos nenos! |
|||
A nosa clase está posta nesto das medidas de capacidade, nada mellor que facerprácticas para unha boa aprendizaxe!
|
|||
Traballamos as medidas de Capacidade, litros, medios litros e cuartos de litro. Pasamos de uns recipientes a outros observando as distintas unidades de medida; Kl, hl, dal, l, dl, cl, ml, cambiamos de unhas unidades a outras. Moito traballiño sobre todo para logo deixar todo o chan limpo e seco jejeje. Pasamolo moi ben e aprendemos moito. |
|||
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »