[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
PREMIOS CERTAME LITERARIO ALBERTO ROMASANTA Historias pipaca 07/06/2024 - 11:59
MENÚ MES DE XUÑO Páxina gedepevi 03/06/2024 - 10:43
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44

SAN VALENTÍN NAMORADO

 

 

E xunto co entroido, o EDL tamén conmemorou a semana do amor. Baixo o lema SAN VALENTÍN NAMORADO, todo o centro amosouse moi entusiasta á hora de demostrarse amor. E cando dicirmos amor, falamos del con maiúsculas, falamos de amizade, fraternidade, cariño... 

É así que Infantil e Primaria fixeron un bonito mural onde temos debuxos, traballos en volume, poesías e narracións. Botádelle un ollo; nel veredes tamén a urna onde todo o alumnado de Secundaria meteu as súas cartas de amor dirixidas a todos/as os/as membros da comunidade educativa. Onte repartíronse polas aulas e foron acollidas con grande entusiasmo.

E dende logo, non podedes deixar de ver o mural da portada do libro no que nos baseamos para traballar o concepto do Amor, mural que previamente xa fora aproveitado para o día da Paz.

Gústanos aproveitar recursos!!!!!!!

 

 

Feliz día de San Valentín.

 

 

ENTROIDO EN LOUSAME

 

Á espera de que chegue o venres e poidamos gozar dos marabillosos disfraces que todo o centro leva xa unhas semanas preparando, imos caldeando o ambiente e comezamos a traer os accesorios que nos manda o noso Meco. Estade atentos ao que debedes traer cada día, pero se alguén se atopa enfermo ou falta algún día, aí vos van as coplas do Meco:

 

-Para quedar dunha peza, o luns trae algo na cabeza.

-Se non queres acabar no cortello, o martes trae algo vermello.

-Se non queres ter piollos, o mércores trae algo nos ollos.

-Vale o pixama, pero o xoves trae algo co que durmas na cama.

 

E como este ano o noso PDI; "Alma de beiramar", convídanos a tratar o tema do mar, o centro decidiu disfrazarse de cabaliños de mar, submarinos, mergulladores, peixes.... e o noso Meco tenta dirixir tanto traballo, por iso o temos vestido de mariñeiro.

PASAPALABRA

Pasapalabra: exercicio práctico co que aprendemos a definir substantivos.

Relatos polo territorio

O alumno de 1º ESO A  do CPI Cernadas de Castro, Oscar Ortigueira Cao, ven de acadar unha mención no concurso "Relatos polo territorio" organizado por ADEGA coa obra  titulada "O Lixo". Participaban tamén neste evento  outras catro alumnas do centro.

DÍA DA PAZ

 

Chegou o día, 30 de xaneiro, e como non iamos ser menos, puxémonos todos/as a traballar; e cando dicimos todos/as, referímonos a toda a comunidade educativa. Dende Infantil ata 4º de ESO non houbo ninguén que non traballara nos distintos murais que están instalados en diferentes puntos do centro.

 

 

SEGUIMOS EXPERIMENTANDO

Seguimos experimentando na clase de Coñecemento do Medio. Esta vez puxemos en práctica diferentes procedementos para separar os compoñentes dalgunhas mesturas.

Quen se atreve a recoñecer estes procedementos nas fotos?

                                

EXPERIMENTAMOS EN COÑECEMENTO DO MEDIO

Esta semana, aproveitando o tema novo de coñecemento do medio, "A materia e os seus cambios", fixemos na aula lámpadas de lava, onde comprobamos como se separan os compoñentes dunha mestura dependendo das súas densidades.

                                                 

UN PASEO POR RIANXO

PREMA NA IMAXE PARA ACCEDER Á GALERÍA DE IMAXES DA EXCURSIÓN

A piques de rematar xa o trimestre e para relaxarnos despois de tantos exames, o alumnado de 3º e 4º ESO coordinado polo EDL fomos hoxe ata a vila veciña de Rianxo.

Distribuir contido