Listaxe definitivo do fondo solidario de libros de texto e axudas para material para o curso 2021/22.

Están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto e as listaxes das axudas para adquirir libros de texto e material escolar para a etapa de Educación Primaria.

Canles de información:

a) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación fondolibros DNI coa Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

b) Presencial: No taboleiro de anuncios da Secretaría do centro ou chamando aos teléfonos  881 866 801 / 881 866 801 en horario de mañá de 9:00 h á 14:00 h.

A entrega do vale de material entregarase a partir do 5 de setembro.

PREINSCRICIÓN SERVIZO DE CONCILIA PARA O CURSO 2021_22

Premendo no seguinte enlace pódese descargar a solicitude de preinscrición que hai que entregar no Rexistro do Concello entre o venres 9 e o martes 13 de xullo, ámbolos dous incluídos. 

Solicitude Concilia curso 2021_22

Listaxe provisional do fondo solidario de libros de texto e axudas para material para o curso 2021/22.

Están publicadas as listaxes provisionais de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto e as listaxes das axudas para adquirir libros de texto e material escolar para a etapa de Educación Primaria.

Canles de información:

a) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación fondolibros DNI coa Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

b) Presencial: No taboleiro de anuncios da Secretaría do centro ou chamando aos teléfonos  881 866 801 / 881 866 801 en horario de mañá de 9:00 h á 14:00 h.

Como vén establecido na Orde do 6 de maio do 2021 pola que se regula  a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar, as persoas intersadas poderán reclamar nos 2 días seguintes da publicación da listaxe.

 

LIBROS DE TEXTO. CURSO 2021/2022

 

Listas de libros de texto de Educación Primaria, preme no enlace para consulta

 

Listas de libros de texto de ESO, preme no enlace para consulta.

 

O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria utilizará o proxecto EDixgal polo que non terán que mercar ningún libro de texto.

COMEDOR ESCOLAR. FICHA DE USO E MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS.

Ficha de uso. Preme para descargalo. 

Modelo de autodeclaración e especificacións. Preme para descargalo. 

 

II Xornadas de Gastronomía Francesa

 

Cartel Xornadas

  

O xoves 3 e o venres 11 de xuño tiveron lugar as Segundas Xornadas deGastronomía Francesa no comedor do noso centro; as primeiras tiveron lugar o curso 18-19. As Xornadas actuais, foron organizadas xa o curso pasado polo alumnado de francés que en aquel momento cursaba 2º de ESO. Debido ao confinamento non se poideron levar a cabo e por fin, este curso se fixo realidade. Esperamos ter máis edicións no futuro…

Todas as persoas (alumnado, profesorado, equipo de cociña e axudantes, etc) que poidéchedes degustar os menús estades invitadas a respostar á seguinte enquisa: PREME AQUÍ

 

   Moitas grazas!!

  

TRABALLANDO COA ESCOLA DE MÚSICA DE LOUSAME

Ao longo desta semana, o alumnado de E.Infantil do noso colexio contou coa colaboración da Escola de Música de Lousame para impartir a clase de Música.

Nela realizáronse actividades de interpretación musical (canto e práctica instrumental) e danza, dunha maneira lúdica, que lle permitiu ao alumnado achegarse ás ensinanzas musicais propias dunha Escola de Música.

A actividade foi gratamente acollida por todos os nenos e nenas, polo que vos animo a asistir á Xornada de portas abertas da Escola de Música, da que axiña vos achegaremos información, posto que se realizarán sesións de música para os nenos/as e as súas familias.

Por último, agradecer unha vez máis a Fernando as colaboracións que fai co noso colexio, participando en todo momento dunha maneira activa na ensinanza da Música. Esperamos poder estreitar máis esta colaboración no vindeiro curso, xa vos informaremos das novidades.

 

 

CONCILIA VERÁN 2021

Distribuir contido