PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO. CURSO 2015-2016

Premendo no arquivo adxunto atoparás toda a información relativa ao proceso de admisión para o vindeiro curso 2015-2016

BINGO

Como introdución ao tema das fraccións en matemáticas, xogamos ao Bingo.

 

 

VOLCÁN

Seguimos con Coñecemento do Medio, moito nos dá de si esta materia!

No tema 8 traballamos os volcáns, e aproveitando unha maqueta que tiñamos na clase e os nosos coñecementos previos sobre as reaccións químicas, fixemos que o volcán entrase en erupción.

AS CAPAS DA XEOSFERA

Que ben o pasamos facendo a Terra capa por capa!

       

ROCHAS E MINERAIS

No laboratorio do centro hai unha chea de rochas e minerais que nós non dubidamos en pedir prestados para manipular e coñecer de cerca.

 MINERAIS  ROCHAS

SAN VALENTÍN NAMORADO

 

 

E xunto co entroido, o EDL tamén conmemorou a semana do amor. Baixo o lema SAN VALENTÍN NAMORADO, todo o centro amosouse moi entusiasta á hora de demostrarse amor. E cando dicirmos amor, falamos del con maiúsculas, falamos de amizade, fraternidade, cariño... 

É así que Infantil e Primaria fixeron un bonito mural onde temos debuxos, traballos en volume, poesías e narracións. Botádelle un ollo; nel veredes tamén a urna onde todo o alumnado de Secundaria meteu as súas cartas de amor dirixidas a todos/as os/as membros da comunidade educativa. Onte repartíronse polas aulas e foron acollidas con grande entusiasmo.

E dende logo, non podedes deixar de ver o mural da portada do libro no que nos baseamos para traballar o concepto do Amor, mural que previamente xa fora aproveitado para o día da Paz.

Gústanos aproveitar recursos!!!!!!!

 

 

Feliz día de San Valentín.

 

 

ENTROIDO EN LOUSAME

 

Á espera de que chegue o venres e poidamos gozar dos marabillosos disfraces que todo o centro leva xa unhas semanas preparando, imos caldeando o ambiente e comezamos a traer os accesorios que nos manda o noso Meco. Estade atentos ao que debedes traer cada día, pero se alguén se atopa enfermo ou falta algún día, aí vos van as coplas do Meco:

 

-Para quedar dunha peza, o luns trae algo na cabeza.

-Se non queres acabar no cortello, o martes trae algo vermello.

-Se non queres ter piollos, o mércores trae algo nos ollos.

-Vale o pixama, pero o xoves trae algo co que durmas na cama.

 

E como este ano o noso PDI; "Alma de beiramar", convídanos a tratar o tema do mar, o centro decidiu disfrazarse de cabaliños de mar, submarinos, mergulladores, peixes.... e o noso Meco tenta dirixir tanto traballo, por iso o temos vestido de mariñeiro.

PASAPALABRA

Pasapalabra: exercicio práctico co que aprendemos a definir substantivos.

Distribuir contido